Martín Seco solicita a dimisión do concelleiro José Mª Sánchez Novo tras as súas declaracións de onte
O
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo, Martín Seco, solicita a
dimisión ou cese do Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro delegado da área
de Seguridade Cidadá, José María Sánchez Novo, tras as súas inaceptables declaracións en referencia ao incendio con
vítimas mortais sucedido onte na Avenida Alcalde Manuel Platas Varela de
Vilarrodís.
Os
socialistas consideramos que os cargos públicos deben desempeñar as súas
funcións sempre con total conciencia da responsabilidade que ostentan, e
resulta inaceptable que o Concelleiro de seguridade trate un accidente tan
triste dese xeito tan soez, sen respectar á vítima, á súa familia, e aos
afectados/as por enfermidades mentais como o Síndrome de Dióxenes.
"¿En
que irresponsables mans están
informacións tan sensibles, seguramente en investigación xudicial e que afectan
á vida privada da veciñanza?",
pregúntase Martín Seco
Asemade,
o Grupo Municipal Socialista preguntará se os servizos sociais eran coñecedores
da existencia dunha problemática social nesa vivenda, se contamos con
suficientes recursos, para atender e axudar a outros casos similares a este que
poden estar a ocorrer, e cal é o protocolo que seguen nos mesmos.