PREGUNTAS SOBRE O SERVIZO DE LIMPEZA VIARIA NO CONCELLO DE ARTEIXO



Son moitos os veciños dos diferentes barrios do noso concello que levan tempo advertindo aos membros do noso grupo as deficiencias na limpeza viaria e o empeoramento paulatino dun servizo básico para a veciñanza.

Dende o Grupo Municipal Socialista advertimos como coa chegada deste novo mandato diminuiu o número de persoas que están a levar a cabo a limpeza viaria en diferentes zonas do concello, como baixou a periodicidade da limpeza dos nosos barrios e hai zonas onde non pasan as máquinas de limpeza dende fai moito tempo, estando as súas beirarrúas nun estado lamentable.

Por todo isto, o Grupo Municipal Socialista desexa preguntarlle ao Grupo de Goberno do Partido Popular:

·         ¿Son coñecedores desta situación?, ¿Está a empresa concesionaria cumprindo co prego de contratación do servizo?, ¿Están aportando o número de operarios necesarios para cubrir o pactado na licitación?, ¿Teñen a maquinaria esixida no contrato?, ¿Están a cumprir o plan de limpeza viaria pactada na súa concesión?

Anterior
Anterior

ROGO SOLICITANDO UNHA MELLOR REGULACIÓN DO TRÁFICO NO MONTEPEQUENO POLA INSEGURIDADE VIARIA

Siguiente
Siguiente

Solicitamos un estudo sobre o tráfico no Polígono de Sabón para evitar máis atascos coas novas zonas comerciais