O PSdeG-PSOE propón un parque lineal en Vilarrodís para mellorar a calidade de vida dos seus 3.200 veciños
O aumento de zonas verdes e espazos
para a rapazada e as persoas maiores fomentará a actividade comercial
Trátase dunha primeira fase e o plan
para este núcleo inclúe a ampliación de beirarrúas e unha nova rotonda para
garantir a seguridade viaria e a accesibilidade
Os
socialistas de Arteixo propoñen unha serie de actuacións que melloren a
calidade de vida dos 3.200 veciños de Vilarrodís, fomenten a actividade
comercial do núcleo e garantan a seguridade viaria e a accesibilidade ao centro
de saúde, o campo da festa, a escola infantil e o paseo fluvial.
O
PSdG-PSOE quere ampliar as zonas verdes coa creación dun parque lineal na
avenida de Manuel Platas Varela. Haberá así novas zonas de sombra e arborado e
espazos de estancia para a rapazada e as persoas maiores. Esta actuación estará
acompañada da ampliación das beirarrúas, para que teñan dous metros de ancho
como mínimo. Mantéñense todas as prazas de aparcamento nesta vía.
Esta
é unha primeira fase que beneficia ao núcleo de Vilarrodís, pero a actuación
continuará na avenida principal ata Pastoriza.
O
proxecto socialista inclúe a creación dun aparcamento que servirá como campo da
festa a carón da escola, cunha zona destinada a equipamento que poida albergar
unha nova infraestrutura a medio prazo.