Candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Arteixo
Os socialistas presentamos un equipo “preparado para gobernar que une experiencia, xuventude e, sobre todo, ilusión por traballar pola veciñanza de Arteixo”
“Presentámonos
ás eleccións do 26 de maio cun equipo preparado para gobernar, que une a ampla
experiencia profesional e política coa xuventude, pero, sobre todo, o que máis
nos une a todas as persoas que formamos parte desta candidatura é a ilusión por
traballar polos veciños e veciñas de Arteixo”, afirma Martín Seco, candidato á Alcaldía polo PSdG-PSOE.
A
lista está integrada por veciños e veciñas da práctica totalidade do municipio
con perfís profesionais e académicos diferentes. No ámbito dos servizos sociais
atópanse Rosario Figueiras: traballadora
social, máster en Drogodependencias e Recursos Humanos na Administración. Foi
concelleira de Servizos Sociais, Educación e Persoal; Susana Lebón: licenciada en Pedagoxía coidadora do CAPD A
Coruña-Xunta de Galicia. Foi concelleira con Frutos J Martínez en 1995 e volveu
a selo no 2015. Virginia Vázquez:
terapeuta ocupacional nun centro de persoas con diversidade funcional.
No campo da
educación, Patricia Boedo é
profesora de Educación Primaria no Ponte dos Brozos; José Luis Alonso é bibliotecario-arquiveiro en Arteixo e Carlos Añón é vogal na Federación de
ANPAS Arteixo.
De
novo, estarán no proxecto socialista os concelleiros Ana Cedeira e Luis Vázquez.
Así como, Simón López, titulado en
Ciencias Empresariais, é un emprendedor que xestiona a empresa familiar e é o
actual secretario xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo.
Dentro
das novas incorporacións para estas eleccións atópase Laura Rodríguez licenciada en Dereito pola Universidad de Oviedo,
MBA en Administración de Empresas pola Escola de Negocios Caixavigo. Foi
técnica de persoal e RRHH no Concello de Arteixo e na actualidade é técnico de
xestión tributaria do Concello de Oleiros Grupo A. Con anterioridade foi asesora
do grupo parlamentario na Junta del Principado de Asturias ou técnico municipal
responsable do proxecto de estudo sobre a viabilidade da creación dunha empresa
mixta para a prestación de servizos públicos, entre outros moitos postos na
administración pública e na empresa privada.
En
próximas datas, realizarase a presentación da candidatura cun acto aberto a
toda a veciñanza de Arteixo.
CANDIDATURA
1. Martín Seco (Arteixo)
2. Rosario Figueiras (Alto de Arteixo)
3. Luis Vázquez (Candame)
4. Ana Cedeira (Lañas)
5. Simón López (Arteixo)
6. Patricia Boedo (Meicende)
7. Tino Vázquez (Rañobre)
8. Susana Lebón (Oseiro)
9. Emilio Suárez (Suevos)
10. Laura Rodríguez (Santa Leocadia - Loureda)
11. José Luis Alonso (As Carballas -Arteixo)
12. Virginia Vázquez (Loureda)
13. Álvaro Esmorís (Vilarrodís)
14. Silvia Mañana (Uxes - Morás)
15. Adrián Pardo (Pastoriza)
16. Pilar Bello (Larín)
17. Nicolás Méndez (Chamín)
18. Andrea Martínez (Arteixo)
19. Juan Carlos Añón (Suevos)
20. Beatriz Pardo (Meicende)
21. Fermín Quintana (Armentón)
SUPLENTES
1. Senén Díaz (Alto de Arteixo)
2. Ana Fuentes (Pastoriza)
3. Roberto Vilela (Suevos)
4. María Elena Castro Rey (Sol e Mar)
5. Ángel Díaz (Pastoriza)