Moción pedindo a instalación de "PUNTOS MORADOS" nas festas e grandes eventos
Debido ás festas populares que se van a celebrar este verán en todo o territorio, adxúntase moción para instar ao concello a instalar "Puntos Morados", que serán espazos onde estarán persoas voluntarias cunha formación específica, para informar, concienciar e acompañar a posibles vítimas en caso de sufrir algún tipo de agresión machista. Ademáis, estes puntos servirán de punto de sensibilización e información a toda a cidadanía.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Según datos do Ministerio do
Interior, unha muller é violada en España cada 8 horas, o que significa
que cada ano máis de 1.000 mulleres son vítimas deste
delito. Ademáis, día tras día, somos coñecedores de
desagradables noticias vinculadas á violencia machista: Agresións verbais e
físicas, intimidacións e situación de acoso e abuso.
Nos últimos anos,
temos coñecido innumerables casos de agresións sexuais producidas durante
a celebración de festas populares e eventos públicos.
As aglomeracións de persoas, como ocorre nas festas
populares, son momentos propicios para que teñan lugar este tipo de condutas.
Está claro que ante esta situación todas as
Administracións Publicas teñen o deber de reaccionar con todos os recursos que
teñan ao seu alcance.
E, en atención a esto, en determinados concellos do
Estado se veñen xestionando uns espazos denominados “Puntos Morados”, sendo éstes lugares habilitados na
propia festa popular, aos que pode acudir a denunciar calquera tipo de conduta
contra a integridade das mulleres.
Os “Puntos Morados” será un espazo onde estarán
persoas voluntarias cunha formación específica, coordinadas coas forzas de
seguridade, para informar, concienciar e acompañar a posibles vítimas en caso
de sufrir unha agresión. Ademáis, estes puntos deben servir de punto de
sensibilización e información á cidadanía.
Por todas estas
razóns dende o Grupo Municipal Socialista instamos aos demáis Grupos Municipais
do Concello de Arteixo á aprobación polo Pleno dos seguintes ACORDOS:
1) Que o Concello instale “Puntos
Morados” en todos os actos e eventos multitudinarios que se celebren no
municipio, procedendo á posterior avaliación do funcionamento dos mesmos.
2)
Que o Concello
realice unha campaña de concienciación, co apoio de carteis informativos e
difusión a través das redes sociais, entre outros, co obxetivo de promover
unhas festas igualitarias e libres de agresións machistas.
3)
Que o
dispositivo se poña en marcha en colaboración
coas asociacións e colectivos feministas municipais e coordinado coas Forzas de
Seguridade e Protección Civil.