O PSdeG-PSOE de Arteixo pídelle un esforzo ao Grupo de Goberno do PP
na aplicación do novo sistema de recollida do lixo, na colocación dos novos
colectores, a recollida nos locais de hostalaría e aplique os mecanismos de
participación e información que prometeu que desenrolaría e agora vemos que
funcionan unha vez máis de xeito improvisado.
Unha vez que o goberno local estableceu o novo sistema de recollida do
lixo e despois de máis de 3 anos que tomaran a decisión de abandoar o Consorcio
das Mariñas, vemos unha vez máis que a improvisación e a falla de planificación
reinan na nosa administración, non se puxeron mecanismos axeitados de
información ao usuario sobre o novo sistema, non se aplicaron mecanismos
válidos de participación cidadá para a colocación dos colectores e o persoal
que comezou a traballar no servizo de recollida é claramente insuficiente.
Preguntámonos que fixeron nestes tres anos para que un servizo
diferente non comece con bo pé, unha situación indesexable para o Grupo
Socialista, e na que o Grupo de Goberno debería implicarse, facendo algo máis
que prometer unha rebaixa anual de 30 euros nas facturas e traballar para conseguir
unha mellor separación do lixo e unha mellor calidade de vida para os cidadáns
de Arteixo que ven estes días como o lixo e os malos olores invadan as nosas
rúas.
Por
outra banda, pedímoslles colaboración e implicación aos cidadáns no novo
sistema, xa que sen eles será imposible que se poidan acadar éxitos que
redundarán na calidade de vida da nosa veciñanza e resulta inaprazable que o
Grupo de Goberno vixile os continuos verquidos de enseres voluminosos que
aparecen no noso territorio e que dende fai anos son continuos en diferentes
zonas do concello, por exemplo na rúa Touriñana en Meicende, Suevos ou a aldea
de Oseiro, onde diariamente aparecen mobles e chatarra acumulada sen que o
Concello tome medidas para evitar que os responsables deixen de atentar contra
o resto da veciñanza.