O GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE DE ARTEIXO SOLICITA AO GOBERNO LOCAL QUE PROXECTE A INSTALACIÓN DE PUNTOS DE ACCESO INALÁMBRICO A INTERNET EN ESPAZOS PÚBLICOS, E SOLICITE PARA ELO OS FONDOS INCLUIDOS NA INICIATIVA WIFI PARA EUROPA DA UNIÓN EUROPEA.
O Grupo Municipal
Socialista de Arteixo, aproveitará a próxima Xunta de Voceiros para facerlle
unha proposta ao grupo de goberno local e ao resto dos grupos da corporación co
fin de facer sen dilación un proxecto de instalación de puntos de acceso
inalámbrico a internet (WIFI) en espazos públicos do noso concello, para elo
deberamos solicitar a inscripción do noso concello na Iniciativa “WIFI para
Europa”, pola cal a Unión Europea financia ditos proxectos.
O voceiro
municipal, Martín Seco dixo que “os socialistas estamos a levar a cabo un
mandato cheo de propostas que melloren a vida dos cidadáns, a misión do goberno
local debe de ser facilitar o acceso a internet a todos, independentemente da
súa capacidade económica e que mellor para facelo que nos espazos públicos da
nosa localidade, prazas, parques ou bibliotecas”. O voceiro engadiu, “a nosa
localidade debe de ser punteira no uso das novas tecnoloxías e nos servizos que
ofrece aos nosos cidadáns, polo que esperamos que o goberno local vexa con bos
ollos dita proposta e aproveite o prazo de inscripción dado pola UE para
participar neste proxecto ao igual que fixemos cando forzamos ao grupo de
goberno a facer o proxecto do DUSI que ao final supuxo 5 millóns de euros para
tódolos veciños”.