O NÚCLEO DE SUEVOS NECESITA QUE O CONCELLO ACTIVE UNHA SOLUCIÓN AOS CONTINUOS PROBLEMAS COA SÚA REDE DE SANEAMENTO.
O Grupo Municipal
Socialista de Arteixo, solicita ao goberno do Partido Popular que actúe con
celeridade para solucionar os graves e continuos problemas que ten o núcleo de
Suevos cando chega o período de chuvias. O voceiro Martín Seco declarou que
“despois de sete anos de goberno, Calvelo non pode mirar para outro lado ante
unha situación lamentable, polo que debería de proxectar solucións que impidan
que os rexistros se levanten e se encha todo de lixo cada vez que cae un pouco
de chuvia”.
O núcleo de Suevos
segue a espera das grandes inversións prometidas por Calvelo no ano 2011 e que
ata o de agora quedaron en acabar de executar o que o propio Partido Popular
bloqueara reiteradamente no goberno do PSOE e TEGA.