Preguntas sobre o traslado das liñas de alta tensión de Sol y Mar e os continuos movementos de persoal no departamento de urbanismo e un suposto expediente de acoso dunha traballadora deste departamento ao Concelleiro delegado
PREGUNTAS ESCRITAS
Despois de que
o alcalde Carlos Calvelo prometese no ano 2011 o traslado das liñas de alta
tensión de Sol y Mar e que no ano 2014 anunciase que nun ano comezarían as
obras de traslado, os veciños de Sol y Mar seguen esperando preocupados polas
promesas incumpridas do seu rexedor.
No ano 2014, o
Concello dixo que Red Eléctrica redactaría o proxecto e que o Concello con
colaboración da Xunta de Galicia financiarían a obra, pero dende aquela non
tivemos máis noticias sobre un asunto onde tódolos grupos estábamos dacordo.
Descoñecemos se
Rede Eléctrica redactou o proxecto e se non é así descoñecemos as iniciativas
do goberno municipal para que dito traslado siga avanzando, xa que o problema
urbanístico xa non existe e só se necesita vontade política para efectualo.
Dende
o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:
- ¿Cómo está o trámite do traslado das liñas de alta tensión en Sol y Mar?
- ¿Van a convocar á Plataforma de afectados como lles solicitaron por escrito?
Dende o Grupo
Municipal Socialista observamos como son continuos os movementos dalgúns
traballadores deste concello, como se levan a cabo continuas obras de
reacondicionamento dos locais municipais para facer e desfacer locais e traer e
levar a traballadores dun lado para outro, detectamos entre o persoal traballador
deste concello un certo malestar por este motivo e non entendemos que está a
pasar sobre todo no departamento de urbanismo. Tamén somos coñecedores da
existencia dun expediente de posible acoso laboral contra o concelleiro de
urbanismo por parte dunha traballadora dese departamento.
Dende
o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:
- ¿Qué está a pasar neste concello para os continuos
cambios do persoal dun lugar para outro, sobre todo no departamento de
urbanismo?, ¿Qué pasa co departamento de disciplina urbanística e onde van
a ubicar ás súas traballadoras?, ¿Existe un expediente de suposto acoso
laboral a unha traballadora de urbanismo por parte do Concelleiro
delegado, e cales son os motivos?