Presentamos preguntas tras as incidencias producidas no Reforzo educativo de verán

O día 14 de xullo, o Concello de Arteixo emite unha nota na súa páxina virtual pedindo excusas ás familias dos usuarios do programa de Reforzo de verán polas irregularidades habidas no día anterior. Nota que literalmente expón:

O concello de Arteixo iniciará un procedemento sancionador a empresa encargada de dar as clases do programa Reforzo de Verán a dazasete alumnos inscritos no programa de entre 13 e 15 anos de idade.
O motivo foi a ausencia inxustificada dun educador que tiña que atender as clases de reforzo destes alumnos durante a mañá de onte.
As clases impártense desde as 10.30 as 13.30 na aula da natureza Muiño Vello para todos aqueles alumnos que queiran mellorar coñecementos en diversas asignaturas de nivel ESO. O concello pide disculpas as familias que participan neste programa pola ausencia do educador, pero a empresa tampouco notificou a tempo o concello a súa ausencia que trastocou os plans de alumnos e familiares.”

Porén, por información recabadas polo Grupo Municipal Socialista, o problema comezou o luns 10 de xullo no que a persoa encargada das clases retrasouse e chegou ó redor das 10:50h por un problema familiar. O día 12, esa mesma persoa avisa ós/ás alumnos/as que ó día seguinte non podería vir mais a empresa enviaría a unha persona substituta. Ó día seguinte, ás 11:15 a actividade non comezaran posto que ninguén acudira a imparti-las clases co cal, algúns familiares chaman ó departamento de Educación para comunica-la incidencia e indican dende o Concello que non tiñan coñecemento do feito e que se porían en contacto coa empresa que estaba a realiza-la actividade.
Parece ser que o aviso dende o Concello de que ese día non habería clase foi realizado telefónicamente ó primeiro da lista para que llo comunicara ó resto de alumnos/as e que posteriormente se lles enviaría un SMS ó resto das familias.
Tendo en conta que estamos a falar de 17 usuarios/as menores de idade que quedaron sen supervisión de ningún  adulto, a situación parécenos grave e preocupante. 
        Dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

  • Ten o Concello previsto un protocolo de actuacións, comunicacións ás familias, etc para casos similares nas actividades municipales?
  • A empresa concesionaria do servizo, vai solventa-la ausencia desta traballadora?
  • Na súa nota na páxina do Concello anúnciase un proceso sancionador para a empresa polo incumprimento. Vanse realizar as mesmas accións en casos similares co resto das actividades organizadas polos distintos departamentos do Concello?
Anterior
Anterior

Preguntas sobre a nova pranta de reciclaxe promovida por GESMAGA

Siguiente
Siguiente

Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo): “O Grupo Municipal Socialista despois de ter presionado e colaborado na redacción da estratexia para a consecución dos 5 millóns do EDUSI, pide a participación prometida ao Grupo de Goberno no desenrolo desta”