Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo): “O Grupo Municipal Socialista despois de ter presionado e colaborado na redacción da estratexia para a consecución dos 5 millóns do EDUSI, pide a participación prometida ao Grupo de Goberno no desenrolo desta”


O Grupo Municipal Socialista abanderou a reclamación ante o Grupo de Goberno do PP pola falla de redacción dunha estratexia na primeira convocatoria de subvencións do EDUSI, posteriormente colaborou activamente na redacción de dita estratexia e felicitamos a Álvarez Campana, que foi o encargado de dirixila. No desenrolo da redacción desta estratexia prometiuse a creación de órganos plurais, incluso dirixidos por algún integrante da oposición para poder desenrolala.

Unha vez que veu publicada a concesión de dita axuda e que o próximo pleno municipal decidirá a aceptación desta, dende o Grupo Municipal Socialista solicitamos ao Grupo de Goberno do PP que estableza o mecanismo de participación prometido aos partidos da oposición e a sociedade en xeral, para decidir cales son as inversións a desenrolar cos 5 millóns de euros que obteremos da UE.

Dende o Grupo Municipal Socialista mantemos que a promoción da mobilidade, a creación de zonas verdes e o coidado do noso territorio e o noso patrimonio son as liñas básicas nas que debemos incidir e nas cales poñeremos a nosa acción política.

Anterior
Anterior

Presentamos preguntas tras as incidencias producidas no Reforzo educativo de verán

Siguiente
Siguiente

MOCIÓN DE URXENCIA DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdG-PSOE DE ARTEIXO PARA SOLICITALA CESIÓN DA ESTRADA DA DEPUTACIÓN DP-510 NO SEU PASO POR ARTEIXO