Preguntas sobre a nova pranta de reciclaxe promovida por GESMAGA
Ante
a aparición na web da Consellería de Medio ambiente do proxecto para a
construción dunha nova planta de reciclaxe de residuos industriais que promove
GESMAGA na parroquia de Pastoriza do Concello de Arteixo e as posteriores
declaracións do responsable de urbanismo no noso concello.
Dende
o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:
- ¿Cree
o grupo de goberno do PP que o noso concello non está suficientemente
degradado medioambientalmente para continuar coa instalación de
infraestruturas deste tipo?
- ¿Coñecen
as denuncias ante os xulgado de dita empresa no concello de Coristanco
pola implantación dunha planta de tratamento sen supostamente axustarse á
lei?
- ¿Cales
son as outras dúas ou posiblemente tres propostas que ten encima da mesa o
concelleiro de urbanismo para a implantación de plantas de reciclaxe?,
¿Creen vostedes oportuno seguir permitindo a instalación deste tipo de
actividades no noso concello?, ¿Pensan en actuar sobre unha mellor
calidade de vida da veciñanza deste concello?
- ¿Teñen
previsto na redacción do novo Plan Xeral de Arteixo limitar este tipo de
actividades?