O Grupo Municipal Socialista de Arteixo felicitase pola inclusión da maioría das modificacións propostas na liña de subvencións para a eliminación de barreiras e instalación de ascensores que será aprobada o mércores


O Grupo Municipal Socialista de Arteixo presentou fai unhas datas as súa proposta de modificación das bases de axudas para instalación de ascensores e eliminación de barreiras, que o Goberno do PP retirara no pleno do mes de Abril.

Os socialistas desecábamos un sistema máis xusto e que cheguara a tódolos cidadáns que necesitan esta subvención, para o cal incluímos modificacións como ampliar as actuacións subvencionables, como os elementos de información e aviso para a orientación de persoas discapacitadas, eliminar a necesidade de ter que elixir entre as tres modalidades de axudas propostas polo goberno, establecer a bonificación do 95% do ICIO en ditas obras, pedimos o troco da porcentaxe da superficie útil de uso residencial, , e para que a partida orzamentaria de 110.000 euros, chegue a máis veciños pedimos o troco do sistema de concesión, pasando a ser de concorrencia competitiva e non por orde de chegada das solicitudes, para que teñan preferencia  as vivendas con veciños con capacidades diferentes, os maiores, as de maior número de vivendas ocupadas, ás de máis altura e de maior antigüidade.    
  
Os socialistas de Arteixo cremos que é unha boa nova que se negocien e se melloren as propostas iniciais do goberno local e que o concello axude a  eliminar barreiras e modernizar o parque de vivendas antigas de Arteixo con estas subvencións, tamén vemos positivo que o grupo de goberno se comprometera con nós a modificar a ordenanza do ICIO para bonificar estas actuacións, pero tamén cremos que non debe limitarse aos ascensores e accesibilidade das vivendas colectivas, débese tamén actuar sobre o resto da accesibilidade nas rúas, edificios públicos e nas vivendas unifamiliares, nas que debe incluír as do rural. Esas novas medidas serán solicitadas en actuacións posteriores.

Anterior
Anterior

Preguntas sobre a falla de conservación situación das zonas de recreo

Siguiente
Siguiente

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicita ao goberno municipal que estude a posibilidade de mercalo solar da antiga sala de festas EVA, para favorecer a mobilidade no casco urbano de Arteixo e dotar aos veciños de maior espazo público