Preguntas sobre a falla de conservación situación das zonas de recreo























Ao Grupo Municipal Socialista de Arteixo están a chegar continuas queixas sobre o deficiente estado de conservación dos parques infantís, áreas recreativas e paseo fluvial. A última é a referida á área recreativa do Seixedo onde, aínda que este grupo o denunciara fai xa un tempo, seguen pechados os baños nestes días de bo tempo e os elementos do parque biosaudable e os bancos aparecen seriamente deteriorados.

O paseo fluvial ten frecuentes queixas do abandono na conservación dos bancos, a falla de papeleiras (que en moitos casos aparecen no río ou están seriamente danadas…), a falla de auga potable nas poucas fontes existentes e a reclamación da cidadanía de dispor ó longo do paseo de máis fontes onde poder beber pois é un lugar onde a xente pasea e fai deporte a cotío, máis bancos onde poder descansar, sobre todo a xente maior que é asidua do paseo e algún baño público onde poder realizar as necesidades básicas. Ademais sería desexable que se aproveitara para poder instalar algún sistema de aluguer de bicicletas públicas para poder percorrer os nosos paseos fluviais e marítimos.

Dende o Grupo Municipal Socialista botamos en falla un plan de conservación e reparación das áreas de recreo do noso Concello. A veciñanza é usuaria asidua deles e supón un punto de encontro e ocio interxeneracional que debe ser preservado.

Dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

  • ¿Existe un plan de conservación e reparación dos espazos de ocio e esparcemento?
  • En caso afirmativo, ¿por que non se está levando a cabo? Ou en caso negativo, ¿por que o departamento correspondente non ten elaborado un plan de conservación?
  • ¿Estase a ter en conta a climatoloxía á hora de determinar cando se abren os baños da área recreativa do Seixedo e das praias?
  • ¿Téñense establecido as actuacións a realizar en caso de vandalismo?
  • ¿Teñen pensado instalar mías lugares de lecer, máis puntos de refresco e algún baño público no percorrido do paseo fluvial
  • ¿Teñen pensando instalar un sistema de aluguer de bicicletas públicas nos paseos fluviais e marítimos do noso concello?

Anterior
Anterior

O PSdeG-PSOE de Arteixo pide que o Concello actúe para garantir a salubridade nas fincas existentes entre as rúas República de Uruguai, República Dominicana e República de Argentina, ademais de proxectar servizos e zonas de lecer para os veciños desta parte do casco urbano de Arteixo

Siguiente
Siguiente

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo felicitase pola inclusión da maioría das modificacións propostas na liña de subvencións para a eliminación de barreiras e instalación de ascensores que será aprobada o mércores