O Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicita ao goberno municipal que estude a posibilidade de mercalo solar da antiga sala de festas EVA, para favorecer a mobilidade no casco urbano de Arteixo e dotar aos veciños de maior espazo público


Despois de escoitar a moitos veciños próximos á parcela da antiga discoteca EVA, preocuparse pola inminente caída do tellado desta instalación e que agora esta infraestrutura se poda acabar convertindo nun espazo insalubre, dende o Grupo Municipal Socialista pedimos ao grupo de goberno do PP en Arteixo que teña unha actitude máis decidida e opte por mercar esta parcela a un prezo xusto para os seus propietarios e a utilice para mellorar o difícil tránsito no casco urbano de Arteixo, unhas mellores dotacións de espazo público para os veciños e un aumento das posibilidades de aparcamento nunha zona onde a demanda supera á oferta.

Nun concello con superávit económico pero cun déficit importante de espazos públicos no seu casco urbano, esta parcela podería utilizarse para facilitarlle a vida aos veciños, avanzar na peonalización do casco e favorecer ao comercio e a hostalaría dos locais arteixáns.

Os socialista de Arteixo esperamos que os cartos de tódolos veciños sirvan para dar solucións a longo prazo e non para pequenos parches que lamentemos posteriormente, poñéndonos a disposición do goberno municipal para dialogar sobre os usos que esta parcela puidera ofrecer. 

Anterior
Anterior

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo felicitase pola inclusión da maioría das modificacións propostas na liña de subvencións para a eliminación de barreiras e instalación de ascensores que será aprobada o mércores

Siguiente
Siguiente

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo pide modificacións nas bases de axudas para a instalación de ascensores e eliminación de barreiras arquitectónicas en vivendas de uso colectivo