“O Grupo Municipal Socialista presentou unhas alegacións á nova Ordenanza da Escola Municipal de Música que supoñen unha enmenda á totalidade do documento aprobado polo PP e que inciden no mellor funcionamento dun servizo importante para o noso concello”
Dende o Grupo Municipal Socialista estudamos a proposta de nova Ordenanza para a Escola Municipal de Música de Arteixo, que o Grupo do Goberno do PP presentou fai un tempo e trae para aprobación definitiva no pleno deste mes de Decembro e cremos que existe moita capacidade de mellora e deixa moitos ocos na súa organización e funcionamento, que deben ser mellorados, para o cal presentamos unhas alegacións que inciden na mellora do seu funcionamento e da calidade do servizo que se prestan aos seus usuarios.
Preguntámonos se dita escola está levando a cabo, ano tras ano, un salto de calidade na prestación deste servizo dende a súa posta en marcha e se ten os recursos e a capacidade de darlle unha boa formación musical aos rapaces e maiores que reciben clases nela.
A falla de previsión e a incapacidade do PP, tras 6 anos de goberno, para mellorar as súas infraestruturas, fai imposible que a nosa escola cumpra o establecido pola lei autonómica, seguimos botando en falla que se adapten as instalacións existentes ou se proxecten unhas novas, onde se poidan establecer os mínimos de horarios establecidos na lexislacións sobre a educación que teñen que recibir os seus usuarios, 2 horas de linguaxe musical en vez de 1, unha hora de instrumento e non 30/45 minutos e a implantación de 2 horas de educación auditiva e vocal, que non se imparten na EMMA.
Fai falla que a nosa escola de música, teña en conta a calidade da educación que imparte e non só a cantidade de alumnos aos que presta servizo, posto que de pouco serve atender a máis alumnos se non da a calidade educativa necesaria e non pola dedicación e calidade dos educadores.
Tamén, resulta curioso, que poña en funcionamento unha Comisión Escolar, que valora o funcionamento da EMMA e unha Comisión de Valoración, que establece os préstamos de instrumentos e o acceso ao curso de preparación para o conservatorio e non figure representación dos grupos da oposición, como así pedimos, para fiscalizar e aportar a nosa opinión nas decisións a tomar, semella que o PP, segue apostando por unha administración pouco transparente, que tome unilateralmente as decisións sobre o funcionamento da escola e a quen lle debe conceder ditos préstamos ou accesos a dito curso, algo que choca frontalmente co espíritu de colaboración e transparencia que dicían que desexaban ter neste mandato.
Pincha no título para ver as alegacións presentadas:
Pincha no título para ver as alegacións presentadas: