PREGUNTAS POLA ACTUACIÓN DO CONCELLO NO INCENDIO DE ACTECO EN SABÓN
Despois de reunirnos onte coas Asociacións de Veciños, Manuel Murguia e Santirso de Oseiro, presentamos as seguintes preguntas pola actuación do concello de Arteixo ante o incendio de ACTECO no Polígono de Sabón
PREGUNTAS
Fai
poucas datas tivemos a desgraza de ter un incendio importante nunha das
empresas instaladas no Polígono de Sabón, chamada “ACTECO”, unha empresa que se
dedica á reciclaxe de diversos produtos industriais. Durante toda a noite
estableceuse un operativo para a extinción do incendio, cunha impecable
intervención dos integrantes dos parques de bombeiros do entorno, o noso equipo
de Protección Civil, a nosa Policía local , a Garda Civil e persoal de Portos.
O incendio quedou moi reducido esa noite, pero ten aínda focos quentes que
chegan a avivarse por momentos.
Durante
a extinción, puidemos observar a insuficiente infraestrutura coa que
traballaron os equipos de bombeiros e só a aparición dos equipos dunha empresa
privada de A Coruña “Repsol Petróleo”, fixeron posible que se actuase á presa
en dito incidente. A deficiente rede de auga cunha absoluta falla de presión de
auga, as insuficientes bocas de toma contra incendios, o difícil acceso ao
embalse, a falla de protección de dito embalse de posibles contaminacións,
poñen en dúbida a seguridade dun dos Polígonos Industriais máis grandes de toda
Galicia. Ademais desta insuficiente infraestrutura, somos descoñecedores de que
o Concello de Arteixo teña activado o Plan de Emerxencias que tiña encargado
nos Presupostos deste ano 2016 e o que sabemos seguro é que este plan, non ten
pasado polo Pleno do Concello e non se teñen postos en marcha os simulacros e a
información que necesitan os cidadáns de Arteixo que viven no entorno do
Polígono.
Mentres as instalacións de ACTECO
ardían, os veciños de Oseiro, visualizaban temerosos dende as súas vivendas, en
moitos casos próximas a ditas instalacións, como actuaban os equipos de
extinción, sen que dende o concello se lles facilitase información do que alí
sucedía, e só a sorte de que o vento soprase cara o mar fixo que os veciños de
Oseiro aldea, non tivesen que ser evacuados por un fume tóxico provocado por
unha cantidade importante de cartón, plásticos e o outros produtos que alí
almacenaban, pero non só foi no fragor desa noite, tampouco se lles informou en
datas posteriores, nas que seguían a producirse, inflamacións e un fume
irrespirable no seu entorno.
Xorden as noticias de que algunha
empresa química deste Polígono, con produtos altamente contaminantes, ten
previsto unha importante ampliación e tamén de que o Concello baralla a
posibilidade de eliminar os campos de fútbol de Oseiro, para sacar a concurso
as parcelas para que se instalen novas empresas, estando estes situados preto
de zonas residenciais.
Os veciños que conviven coas
instalacións do Polígono de Sabón necesitan respostas, como así nos comunicaron
as asociacións de veciños de Oseiro e o Concello ten o deber de salvagardar a
integridade destes e das súas propiedades, polo que rogamos ao grupo de goberno
que non dilate máis a posta en marcha de tódalas actuacións que redunden nunha
mellor seguridade dos nosos cidadáns.
Por todo isto, desde o Grupo Municipal
Socialista desexamos preguntarlle ao Grupo de Goberno:
- ¿Ten
o Concello activado o novo Plan de Emerxencias para o Polígono de Sabón?,
¿Pode explicarnos o seu funcionamento?, ¿Pensa informar das actuacións a
levar a cabo e facer simulacros de emerxencia cos veciños que viven no seu
entorno?
- ¿Teñen
previsto actuar no Polígono de Sabón para mellorar as infraestruturas para
actuar noutro posible incidente deste tipo?
- ¿Por
que non se informou aos veciños de Oseiro da situación durante días, non
se puxeron a funcionar os servizos de información de Participación cidadá
e non se tomaron accións preventivas no caso de que o fume cambiase de
dirección?
- ¿Ten
previsto o concello desmantelar os campos de fútbol de Oseiro?, ¿Que opina
o concello sobre a ampliación da empresa química do Polígono de Sabón?,
¿Vai a levar a cabo actuacións para salvagardar o bo estado do río Bolaños
ao seu paso polo polígono?