O PSdeG-PSOE pídelle a Calvelo que introduza nos presupostos de 2017 unha partida para acondicionar o entorno do lavadoiro de Canzobre en Morás
O PSOE de Arteixo lamenta a falla de atención do goberno municipal no parque de Canzobre, na parroquia de Morás e pide unha partida para o 2017 para o acondicionamento deste.
O portavoz do grupo municipal, Martín Seco, denuncia o estado de abandono no que se atopa este espazo público, sobre todo a zona do lavadoiro, que non ten luz. Ademais subliña que toda a contorna está sucia e non hai un lugar onde os usuarios poidan cubrirse da choiva. Así mesmo, Martín Seco critica a presenza dunha árbore molesta que dificulta a entrada de luz e o uso do espazo por parte dos visitantes e residentes.
Nesta liña, o PSOE de Arteixo demanda ao goberno local do señor Calvelo que arranxe esta zona lúdica e lle dea una solución aos veciños da parroquia de Morás.