O PSOE de Arteixo denuncia pasividade no goberno local e estatal do PP ante a preocupante situación de inseguridade que vivimos en Arteixo


Nestas derradeiras recibimos moi preocupados, as continuas denuncias veciñais das situacións de inseguridade que se están a vivir no noso concello, mentres os medios de comunicación se facían eco dos roubos en locais de Arteixo e Vilarrodís, ao día seguinte a rúa Historiador Vedía amencía con case que tódolos portais forzados, e ao día seguinte os roubos sacudían os locais de hostalería de Meicende. 

Mentres isto sucede, e a situación nas Eiras resulta irrespirable, convertido nun auténtico mercado de droga, que provoca que os veciños deste núcleo atopen continuamente a xente consumindo drogas e deixando os perigosos desperdicios polo seu entorno vital. 

Vivimos agora mesmo nunha situación de inseguridade que dende os poderes públicos son incapaces de atallar, polo que pedimos tanto do goberno local de Arteixo, como do Goberno do Estado, que deixen a súa actual pasividade e autobombo para tomar medidas extraordinarias e intentar controlar unha situación que se lles está a escapar das mans. 

Dende o noso Grupo xa dixemos que a situación, ben merece que o PP, que goberno ambos ámbitos faga algo para tratar de aplacar o medo existente entre os nosos veciños e comerciantes, aumentando o número de efectivos dos corpos de seguridade do estado que temos no noso entorno e a nosa Policía Local debería de estar a plena disposición da vixilancia dos nosos barrios e establecer a base de parte dos nosos efectivos na zona norte, para evitar a distancia e sensación de abandono que sofren neste lugares.

Anterior
Anterior

Un mes despois do grave vertido aparecido no Rañal, os socialistas arteixáns denunciamos ante o SEPRONA a aparación de ducias de troitas mortas na ría de Barrañán

Siguiente
Siguiente

¿Qué propostas levamos ao pleno de setembro os socialistas?