¿Qué propostas levamos ao pleno de setembro os socialistas?

Na nosa liña de mellorar a comunicación coa cidadanía de Arteixo explicamos qué propostas levaremos ao pleno de setembro, que se celebrará o vindeiro xoves.

En primeiro lugar queremos resaltar que,  propostas que fixemos nos plenos de marzo e abril, conseguimos que o goberno municipal as tomase en conta:

-Vaise poñer en marcha un banco de instrumentos na Escola Municipal de Música, de forma que todas as nenas e nenos poidan participar independentemente da capacidade económica da súa familia. Máis información en http://progresistasarteixo.blogspot.com.es/2016/03/preguntas-sobre-necesaria-e-urxente.html


-Refórmase o imposto sobre os vehículos de tracción mecánica (ou "rodaxe"), rebaixándolle os impostos aos veciños e bonificando aos vehículos menos contaminantes. Neste enlace tedes máis información sobre a petición que presentamos no seu día: http://progresistasarteixo.blogspot.com.es/2016/04/mocion-pedindo-bonificacion-do-imposto.html


- Refórmase o imposto do IBI, establecendo o máximo permitido de bonificación do 95% da cota íntegra do IBI  para os bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras, e o coeficiente sobre o valor catastral: http://progresistasarteixo.blogspot.com.es/2016/03/rolda-de-prensa-do-grupo-municipal.html

Ao vindeiro pleno levaremos o seguinte:

  1. Rogo sobre actividades extraescolares: solicitamos ao goberno local o seguinte:
    1. Que se apliquen correctamente os descontos que veñen na ordenanza para casos nos que unha persoa se matricule en varias actividades, cos cales existen determinados problemas agora mesmo.
    2. Que se amplien estos descontos independentemente da sección ou departamento ao que pertenzan (ata o de agora só se aplican se as actividades ás que te inscribes son da mesma "área").
    3. Que a asignación de prazas se faga por sorteo e non por orde de inscrición, como ocurre nalgúns casos. 
      O sistema de orde de inscrición considerámolo inxusto para aqueles con dificultades para achegarse a inscribirse a determinados horarios, e mesmo deixa marxe a que se puidese manipular o resultado por parte daqueles que teñen acceso ao sistema de inscripción)
  2. Rogo sobe a finalización do pavimentado e beirarrúas en Vilarrodís
    1. O remate entre o pavimentado e as beirarrúas existente en determinados tramos da Avenida Alcalde Manuel Platas Varela é deficiente e incluso perigoso para os vehículos que aparquen, como se pode ver nas seguintes fotos tomadas á altura do portal 148.
    2. Este mal remate ocasiona problemas de acumulación de auga e rozaduras dos coches contra o borde da beirarrúa (pola altura) e mesmo na salida dun garaxe comunitario.
    3. Por tanto, SOLICITAMOS do goberno local a solución do defecto descrito, un mellor control das obras realizadas, e tamén, e como suxerencia, unha mellor planificación das inversións durante todo o mandato (e non deixalo todo para o último ano de lexislatura).
  3. Pregunta sobre o Centro de Saúde de Vilarrodís: a finalización do centro, que se planificou xa na etapa de Touriño como Presidente da Xunta, oblíganos a facer as seguintes preguntas ao goberno local:
    1. ¿Presentou o Grupo de Goberno queixas ante a Consellería de Sanidade pola nefasta posta en marcha do novo centro? 
      Despois de moitos anos de espera (e coas presas do que necesita inagurar algo sen as xestións e as previsións necesarias) deixouse a moitos usuarios descolocados polo cambio do seu centro ou o seu médico sen aviso previo. Tamén se fixeron cambios a cidadáns que necesitaban un horario determinado pola súa actividade profesional, e deixouse a membros da mesma familia con facultativos en centros diferentes.
    2. ¿Vai o noso goberno local a calar e permitir que non se asignen máis profesionais ao concello?
      Porque aínda coa inauguración teremos os seguintes problemas:
      -Seguiremos cos mesmos médicos de familia e pediatras (Vilarrodís sólo contará con pediatra un día á semana)
      -Seguiremos sen abrir polas tardes
      -Seguimos sen incorporar servizos necesarios no noso concello como a fisioterapia e outras especialidades
      -Seguimos sen poñer un servizo de radiodiagnóstico (aínda cando o centro, planificado polo goberno de Touriño, conta cunha sala preparada para elo)
      -E por suposto seguiremos cun servizo de urxencias insuficiente
    3. ¿Onde están as vellas demandas da necesidade de apertura do ambulatorio de Meicende pola tarde, e cando se comezará a urxente e inaprazable reforma do Centro de Saúde de Arteixo?
  4. Moción sobre o aborto seguro: A nivel nacional os socialistas presentamos mocións en todos os concellos que piden varias cousas:
    1. Manifestar o apoio do Concello para o establecemento do 28 de setembro como Día Internacional do aborto seguro.
    2. Recuperar a Ley Orgánica 2/2010, de saúde sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo, na súa redacción de 2010.
    3. Desenrolar unha estratexia de saúde sexual e reproductiva como pedía a mencionada ley.
    4. Crear unha rede pública de saúde sexual e reproductiva como obrigaba tamén a ley.
    5. Volver a incorporar como dereito sanitario a reproducción asistida a lesbianas e nais solas.
    6. Volver a incorporar os anticonceptivos de última xeración ao Sistema Público de Saúde
Podedes solicitar máis información contactando connosco. Convidámosvos ao próximo pleno!
Anterior
Anterior

O PSOE de Arteixo denuncia pasividade no goberno local e estatal do PP ante a preocupante situación de inseguridade que vivimos en Arteixo

Siguiente
Siguiente

“En Vilarrodís levan máis dun ano reclamando a finalización do pavimentado de Platas Varela, que deixou os arcéns en mal estado, para o aparcamento e os accesos aos garaxes”