“Mentres o alcalde de Arteixo e o Conselleiro de Educación prometen solucións para o colapso nos centros educativos do noso concello, que non tomaron en dúas lexislaturas, os rapaces con necesidades especiais do IES Manuel Murguía non disporán de PT a partir de 3º”


Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo esiximos a Concelleira de Educación de Arteixo e ao noso alcalde que se reúnan urxentemente coas 15 familias afectadas pola falla de PT´s “Mestres para alumnos con necesidades especiais” en 3º do IES Manuel Murguía, que disporá de 1,5 para todo o centro no curso 2016/2017 e polo tanto non poderán ter clases para estes alumnos de 3º, aos que xa avisaron que os misturarán co resto dos alumnos ou se terán que buscar a vida nos institutos de A Coruña ou Laracha.

Resulta que asistimos a unha nova posta en escena da Consellería de Educación co beneplácito do noso alcalde Calvelo, prometendo a 3 meses das eleccións autonómicas o traballo sen facer durante dúas lexislaturas, agora son conscientes do grado de saturación dos nosos centros educativos e curiosamente o fan público unha semana despois de que o Grupo Municipal Socialista na que solicitamos a planificación e construción dun novo CEIP e un novo IES, porque aínda que a concelleira de Educación diga que non se necesita un novo CEIP, debería de ler a nosa moción e cales son as características do CEIP Ponte dos Brozos e a pirámide de nacementos no noso concello, xa que un centro que debería de traballar con liña 4, está en liña 6 con aulas de 26/27 alumnos. Ademais debera de esixirlle solucións as coberturas de profesorado das unitarias do noso concello, asignadas moitas delas ao Ponte dos Brozos e que este curso chegaron a ter que pechar por falla de mestres que cubran as baixas de curta duración.

Anterior
Anterior

Dende o PSOE, pedímoslle ao PP de Arteixo, que polo ben do noso pobo, volva á unidade de acción, participando na Plataforma “Arteixo libre de peaxe”, da que forman parte asociacións e o resto dos partidos políticos do noso concello

Siguiente
Siguiente

O PSdeG-PSOE acudirá á caravana convocada polo concello pese as deslealtades de Calvelo ao acordo tomado polo pleno por unanimidade