Dende o PSOE, pedímoslle ao PP de Arteixo, que polo ben do noso pobo, volva á unidade de acción, participando na Plataforma “Arteixo libre de peaxe”, da que forman parte asociacións e o resto dos partidos políticos do noso concello

Dende o PSdeG-PSOE cremos que ante a reivindicación histórica, de que o Ministerio de Fomento, libere a peaxe da AG-55 en Pastoriza, compre camiñar todos unidos, asociacións veciñais, culturais, sociais, deportivas, sindicatos, persoas individuais e partidos políticos. Non pode ser que despois do consenso acadado fai uns meses no Pleno do Concello, dende o goberno local se traballe ás costas dos veciños e do resto dos representantes municipais que formamos parte da Plataforma “Arteixo libre de peaxe”, perdendo forza nunha reivindicación xusta.

Ante esta situación, dende o Partido Socialista, pedímoslle ao PP e ao noso alcalde, que se una como un membro máis á Plataforma aberta a entidades de todo tipo e persoas individuais, que desexamos que o Ministerio de Fomento libere o peaxe da AG-55 en Pastoriza e constrúa os novos enlaces da AC-15 en Suevos e Pastoriza libres de peaxe para todos os cidadáns, ademais de pedirlle á Xunta de Galicia que libere o resto das peaxes da Autopista A Coruña - Carballo, como historicamente leva pedindo o noso concello e todos os que forman parte das comarcas de A Coruña, Bergantiños e Costa da Morte.


Esperamos que máis cedo que tarde, o Partido Popular de Arteixo, veña a participar nesta plataforma cidadá e aporte as súas opinións e traballo, para conseguir os obxectivos, que son comúns para tódolos cidadáns do noso concello e comarca. 
Anterior
Anterior

Calvelo remodelou pensando nas eleccións do 2015, o Campo da Cega en Meicende ás costas dos veciños, deixando a praza en peor estado, inacabada e con múltiples defectos constructivos

Siguiente
Siguiente

“Mentres o alcalde de Arteixo e o Conselleiro de Educación prometen solucións para o colapso nos centros educativos do noso concello, que non tomaron en dúas lexislaturas, os rapaces con necesidades especiais do IES Manuel Murguía non disporán de PT a partir de 3º”