Alegacións do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo ao Orzamento do Concello en 2016
A L E G A C I Ó N S
PRIMEIRA:
Dende este Grupo Municipal, poñemos de manifesto, un ano máis e xa son catro
consecutivos, que segundo o publicado no BOP do 30 de Marzo de 2016 en “Aprobación inicial do Orzamento Municipal
2016”, as reclamacións a dito documento deben de realizarse á atención do
Alcalde - Presidente do Concello de Arteixo. Pois ben, a Lei 7/85 establece no
seu artigo 22.2.E, que as cuestións orzamentarias son competencia exclusiva do
Pleno, sendo esta unha das atribucións consideradas indelegables do artigo 22.4
da mesma lei, polo que consideramos que a publicación
debería establecer que foran dirixidas a
dito órgano competente.
SEGUNDA: Unha vez máis e despois de que este voceiro,
tivera presentado alegacións aos presupostos do ano 2012, 2013, 2014 e 2015 por
crer que se tiña incumprido o Real Decreto Lei 20/2011 no Anexo de persoal. Neste ano 2016 a Lei
48/2015, de 29 de octubre, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016,
establece no artigo 19-dous establece que as retribucións do
persoal non poderán experimentar un incremento global
superior ao 1 % respecto ás vixentes a 31 de decembro
de 2015. Vemos como
no proxecto de “Orzamento
xeral para o exercicio económico de 2016, a plantilla de persoal e a relación
de postos de traballo”, a contía no capítulo de
persoal aumenta respecto ao ano
anterior, un aumento constante dende o 2011, xa que durante o mandato pasado,
pasamos de 7.658.592,14 no ano 2012, a 7.954.346,20 no 2013, a 8.249.743,44 en
2014 ata 8.855.299,56 no 2015 e agora no 2016, temos un presuposto de
8.932.660,84 euros. Segundo a propia interventora informa neste documento, o
Concello de Arteixo incumpre a Lei 48/2015, cun aumento maior ao 1% na masa
salarial global do 2016, non respectando polo tanto os límites legais
establecidos polo estado español:
- Por outra banda e tal como informa a Técnico de Persoal do Concello de Arteixo e a propia Interventora municipal, a Lei de Orzamentos do 2016 establece que o orzamento en materia de persoal, só pode aumentarse máis do 1%, segundo o disposto na parte séptima deste artigo 19 “Lo dispuesto en los apartados anteriores debe entenderse sin perjuicio de las adecuaciones retributivas que, con carácter singular y excepcional, resulten imprescindibles por el contenido de los puestos de trabajo, por la variación del número de efectivos asignados a cada programa o por el grado de consecución de los objetivos fijados al mismo”, polo que aínda que o Grupo de Goberno desexa utilizar este mecanismo para levar a cabo un incremento salarial do Técnico Superior de Proxectos adscrito ao Departamento de Urbanismo, pasando do nivel 20 ao 22 e cun CE maior, supón un incumprimento do procedemento regulado pola negociación cos representantes dos traballadores, que tería que ocasionar unha nova Valoración dos Postos de Traballo que ocasionaría unha nova RPT, non só para este posto, se non para moitos máis, polo que se debera elaborar unha VPT, que leva solicitando a Técnico de Persoal nos seus derradeiros informes aos presupostos dos derradeiros anos, sen atopar contestación no comportamento dos dirixentes políticos municipais:
- Inclúese na RPT deste 2016 a creación dunha praza de funcionario como Técnico de Inspección Tributaria e cinco prazas laborais (operarios de Protección Civil) e a creación da Praza de Capataz deste servizo por promoción interna e a conversión do posto de Director-Coordinador de Servizos Xerais nun de Viceinterventor/a.
Parece difícil de comprender como se
intenta xustificar a excepcionalidade na contratación de novo persoal, despois
de terse publicado a Lei de Orzamentos
Xerais do Estado para o ano 2016, no punto 20.2, que fala da taxa de reposición en certos sectores e
administracións: “Respetando, en todo caso, las disponibilidades
presupuestarias del Capítulo I de los correspondientes presupuestos de gastos,
la limitación contenida en el apartado anterior no será de aplicación a los
siguientes sectores y administraciones en los que la tasa de reposición se
fijará hasta un máximo del 50 por ciento...” nas que inclúe como posibles da
nosa administración, a Policía Local ou ao persoal dos servizos de prevención e
extinción de incendios e salvamento, pero que no noso caso estaríanos tamén
prohibidos pola situación de inestabilidade orzamentaria como di este artigo
20.2 cando fala da taxa de reposición tanto en Policía Local como no persoal
dos servizos de prevención e extinción de incendios e salvamento, di: “...Además deberán cumplir el principio de estabilidad al que se refiere el
artículo 11.4 de la Ley Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidad
Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera tanto en la liquidación del
presupuesto del ejercicio inmediato anterior como en el presupuesto vigente...”. No
punto 20.3 que trata da Oferta de
Emprego Público di: “Durante el año 2016 no se procederá
a la contratación de personal temporal, ni al nombramiento de personal
estatutario temporal o de funcionarios interinos salvo en casos excepcionales y
para cubrir necesidades urgentes e inaplazables que se restringirán a los
sectores, funciones y categorías profesionales que se consideren prioritarios o
que afecten al funcionamiento de los servicios públicos esenciales”.
Dende o
noso Grupo non consideramos
suficientemente xustificadas as excepcionalidades existentes nos casos
tratados con anterioridade para proceder á contratación de novo persoal, na
Inspección Fiscal e nun departamento, como o de protección civil, que non
sufriu trocos importantes que xustifiquen este aumento tan importante. Por
outra banda, parece imposible xustificar a creación da praza de
Viceinterventor/a, baseado na conversión do posto que existía no 2015 de Director-Coordinador de Servizos Xerais, un posto que
fora creado no 2014 doutra conversión dun posto de Vicesecretario de Servizos Xerais e cuberto
nun período curto de tempo, praza a de Vicesecretario creada no 2013, que non chegou a ser cuberta nunca e que se xustificou
como urxente e inaprazable nese presuposto ao igual que as conversións
sucesivas “para cubrir necesidades urgentes e inaplazables que se restringirán a
los sectores, funciones y categorías profesionales que se consideren
prioritarios o que afecten al funcionamiento de los servicios públicos
esenciales”.
TERCEIRA:
Este
concello aprobou o 27 de Marzal de 2014, un Plan Económico Financeiro co
obxectivo de dar cumprimento ó principio de estabilidade orzamentaria que
marcan as leis do estado, plan que contiña medidas a executar durante os anos
2014 e 2015, para recuperar a estabilidade orzamentaria esixida por ditas leis,
pero os orzamentos para os anos 2014 e 2015 aprobados polo Grupo de Goberno do
PP, lonxe de cumprir o establecido en dito Plan, os presupostos volveron a ser
deficitarios no ano 2014 e 2015 e levaron a cabo, un gasto desmedido que chegou
a ter un déficit no ano 2015 de 6.993.424,78 euros. Neste contexto de
incumprimento reiterado, asistimos a falla de esixencia por parte da
intervención municipal de medidas que garantan o cumprimento das leis do estado
e só atopamos durante o ano 2015 dous envíos da administración autonómica, no
segundo deles do 11/11/2015, advertindo da comisión dunha falta moi grave en
materia de xestión económico-orzamentaria que podería traer consigo a
imposición de sancións. Neste ano 2016 o resultado do informe da Interventora
Municipal volve a ser negativo como indica o informe:
E para solucionar
esta grave deficiencia no 2016, dende o Grupo de Goberno se nos propón a
inmovilización de partidas do orzamento 2016, declarando a non dispoñibilidade
destas por un valor de 1.520.572,49 euros, cando no propio informe a
interventora advirte, que só pola utilización do remanente de tesorería, na incorporación
de remanentes de crédito de 2015 a 2016, utilizaranse 1.906.786,76
euros, unha cantidade maior da inmovilizada, o que causaría, simplemente pola
execución das partidas non inmovilizadas e a utilización destas incorporacións,
unha situación de inestabilidade para este 2016. Por outra banda a propia
intervención volta a advertir de que a previsión de ingresos volve a ser
demasiado optimista, algo que redundaría na posibilidade de caer de novo en
inestabilidade
CUARTA: Unha vez máis e como en
presupostos anteriores, este voceiro, considera de extrema gravidade que, sendo
protagonista este concello por condenas feitas públicas con responsabilidade
económica aparellada, sexan inexistentes neste presuposto, as partidas
orzamentarias precisas para facer fronte ás responsabilidades patrimoniais
derivadas da execución de sentencias firmes contra o Concello de Arteixo, a
posibilidade de ter que facer fronte a calquera destas indemnizacións, sen a
conseguinte consignación orzamentaria, podería levar un procedemento de
execución forzosa sobre os bens municipais. Considera este voceiro que non
incluír a mencionada partida pode chegar a supor un desequilibrio neste
presuposto en caso de ter que facer fronte de modo inmediato a calquera das
mencionadas ou outras sentenzas.
QUINTA: Unha vez examinado o documento de
“Orzamento
xeral para o exercicio económico de 2015, a plantilla de persoal e a relación
de postos de traballo”; observamos que non se incluíu cantidade algunha
para o cumprimento da obriga derivada da sinatura do convenio que máis adiante
se salientará, formulamos esta reclamación co único obxectivo de evitar
prexuízos económicos de imposible o moi difícil reparación a esta Administración
Local.
Con data
de 16 de Xullo 2001 asinouse un convenio entre o Alcalde de Arteixo e ol
IGVS, para a creación dun parque empresarial e na súa “ESTIPULACIÓN
TERCEIRA” establécese
textualmente: “…….Cederanse o Concello, libres de cargas, os viais e
servizos previstos no proxecto de urbanización, os parques e xardíns públicos,
a zona deportiva pública, os aparcamentos públicos e os terreos precisos para a
instalación e funcionamento dos restantes servizos públicos necesarios, sempre
que estean determinados no Plan Parcial de Ordenación e queden afectados ós
respectivos fins, así como o 10% de aproveitamento tipo da área de reparto, si
o Concello contribúe economicamente co 10% dos custos da obra de urbanización
no caso contrario, a edificabilidade a entregar será reducida
proporcionalmente.”; e na “ESTIPULACIÓN CUARTA” dise: “……..Os servizos
exteriores do Polígono, necesarios para o normal funcionamento do mesmo,
executaranse polo IGVS, incluídos os proxectos técnicos correspondentes. O seu
financiamento correrá a cargo do Concello nun 50% e do IGVS noutro 50%......”
Instruído,
con “posterioridade” á sinatura do citado convenio, expediente administrativo,
no que figuran informes favorables da intervención municipal de data
19/07/2001, e informe conxunto emitido pola Secretaria Xeral e Arquitecto
Municipal de data 17/07/2001; o Pleno da Corporación Municipal na súa sesión
celebrada o 19 de Xullo de 2001, por acordo adoptado en votación ordinaria e
por maioría (dezasete votos a favor, doce do PP e cinco do PSOE e unha
abstención do BNG), RATIFICOU DITO CONVENIO
No
Informe emitido polo Interventor
Municipal o 19 de Xullo de 2001, na consideración segunda di: “Inexistencia
de compromisos de gasto con cargo ó Orzamento corrente. Necesidade de
realizar consignación orzamentaria suficiente en exercicios sucesivos.-
Examinado o texto do borrador do Convenio, non se atopa por parte deste
interventor ningunha cláusula que implique a imputación dalgún gasto con cargo
o Orzamento do exercicio corrente, pois enténdense que o 50 por cento do custo
dos servizos exteriores que deberá financia-lo Concello, acordouse co
estipulado no parágrafo 4 da cláusula cuarta, así como o posible 10 por cento
dos custos da obra urbanizadora, en ningún caso serán esixibles no presente
exercicio presupostario. No seu momento, cando deban ser executadas as obras
que den lugar ós referidos gastos, deberase presupostar o importe
correspondente………”
Polo
tanto, o Concello de Arteixo, en virtude do referido título (convenio)
comprometeuse a financiar o 50% das obras exteriores do polígono de Morás,
-accesos viarios, abastecemento de augas, evacuación de augas residuais,
etc…, e a contribuír economicamente co
10% do costo das obras de urbanización do parque empresarial, para poder recibir
o 10% do aproveitamento tipo da área de reparto.
Dende o
Concello debemos de estar preparados para unha posible finalización das obras
do polígono de Morás, que comezaron o día 20/04/2009, e que tiñan un prazo de
execución ata Outubro de 2012, polo que xa deberían terse finalizado durante
exercicios anteriores, é motivo máis que suficiente para que, de conformidade
co establecido no informe emitido no seu día polo interventor municipal, CONTÉMPLESE
NO DOCUMENTO DE PRESUPOSTO XERAL a PARTIDA ou PARTIDAS NECESARIAS para
facer fronte a tales obrigas, co fin de evitar os posibles prexuízos derivados
dun incumprimento inxustificado do estipulado entre o Concello de Arteixo e o
IGVS. Baste dicir, a modo de exemplo, que a non achega do 10 por cento dos costos
das obras de urbanización, implicaría que o Concello non recibiría o 10% de
aproveitamento tipo, da área de reparto, cun valor de mercado moi superior á
achega que ten que realizar o Municipio.
SEXTA: A interventora advirte no
seu informe, que un ano máis se produce un incremento
significativo no gasto corrente, este ano dun 7,23%, este gasto cualificado
pola interventora como estrutural, dispárase e advirte da necesidade de levar a cabo
medidas de contención, xa que se continúan incrementando este gasto
pode levar en próximos exercicios a que os recursos non sexan suficientes para
a súa atención.
SÉTIMA: Nas Bases
de Execución deste orzamento contémplase, unha vez máis, a existencia dunha partida
elevadísima de subvencións nominativas, incumprindo o artigo 22 da Lei
38/2003 Xeral de Subvencións, que establece o procedemento ordinario para a
concesión de estas subvencións que se deberían de tramitar en concorrencia
competitiva, a propia interventora un ano máis di que non se está a utilizar
dita concorrencia na concesión de ditas subvencións e que é necesario
reconducir esta situación ao previsto como ordinario pola devandita normal
legal, debendo de xustificarse de xeito exhaustivo en cada caso a oportunidade
de concesións de xeito nominativo e o que se atopa é que un 49,02% do capítulo
4 excluíndo as achegas doutras administracións, é dicir, uns 809.300 euros,
contando coas incluídas no capítulo 7, son subvencións nominativas, convertendo
a excepción, case en regra xeral, impedindo a concorrencia e
competitividade na actividade de fomento da administración. Faise
inescusable aprobar unha ordenanza e un regulamento que remate coa
discrecionalidade e a arbitrariedade do sistema actual para conceder
subvencións cos cartos dos administrados.
NOVENA: Este ano,
a interventora municipal fai referencia a utilización dos fondos públicos para gastos
que non son competencia municipal, concretamente os destinados para as
inversións en colexios públicos de titularidade municipal, facendo un informe
desfavorable ao uso dos créditos destinados a estas inversións, que deberan ser
executadas pola Xunta de Galicia que mantén as competencias nesta materia.
DECIMA: Dende o Partido Socialista
temos claro que existen certas medidas que dende o goberno municipal deberían
de adoptarse aínda a costa de ter uns menores ingresos no noso concello, pero
que dito alivio fiscal, e gastos superfluos sería moi agradecido por uns
cidadáns que están a pasalo moi mal pola crise económica que estamos a vivir, e
poderían compensarse baixando certas partidas que tamén aquí contemplamos e
eliminando algúns investimentos innecesarios:
- Posta en funcionamento dun novo Plan de Emprego, con novas medidas para fomentar o emprego en igualdade de oportunidades, a posta en marcha dunha verdadeira bolsa de emprego e de apoio ao autoemprego e as pymes.
- Creación dunha partida para un levar a cabo un Plan Especial contra os desafiuzamentos:Un Plan realizado polos técnicos municipais, representantes municipais e plataformas contra os desafiuzamentos, que estea dotado economicamente para facilitar axudas ao aluguer e axudas para evitar o corte de suministros básicos como auga, gas ou luz e axudas á alimentación. Que revise os protocolos de actuación de Servizos Sociais nos casos de desafiuzamento, e colabore á hora de pedir aos xuíces a suspensión do desafiuzamento cando este sexa por motivos económicos e se refira á vivenda única e habitual. Que dote de financiación para a adquisición de vivendas de Protección Oficial de carácter municipal aos propietarios que non poidan facer fronte a súa hipoteca para posteriormente realugalas con opción a recompra futura, cláusula que debera figurar en todos los alugueres sociais. Que cree a Oficina de Intermediación Hipotecaria Municipal para poder axudar ás persoas afectadas polos desafiuzamentos, coa colaboración dos servizos xurídicos do Concello, que intermedie coas entidades financeiras que operan no municipio para esixirlles a paralización dos desafiuzamentos e a condonación de débedas ilexítimas froito do actual proceso de execución hipotecaria, coa indicación de que en caso contrario, procederase á retirada dos fondos municipais de ditas entidades. Que fomente a educación financeira dende a idade escolar, complementado con accións formativas e divulgativas para adultos. Realizando tamén campañas publicitarias periódicas que preveñan o endebedamento excesivo.
- Implementar novas bonificacións de ata o 100%, para a gratuidade das actividades educativas, deportivas e de ocio (campamentos) e aquelas actividades que organicen os centros escolares onde estean inscritos os fillos das familias beneficiarias.
- Implementar bonificacións nos impostos de IBI e IVTM ata o 100% nos casos de familias en paro e con risco de exclusión social.
- Poñer en marcha a bonificación do 95% do IVI para as propiedades con actividade agricola e gandeira, aprobadas en pleno pola unanimidade dos grupos.
- Modificar á baixa as diferentes taxas e prezos públicos do 2015, establecendo bonificación nas taxas de certos servizos para aquelas familias que se atopen en risco de exclusión social.
- Introducir una partida para un PLAN DE TRANSPORTE MUNICIPAL: Introducindo bonificacións municipais para os desprazamentos das familias do noso concello, mediante una tarxeta ou bono bus que permita a mobilidade destes, negociando a fórmula coas empresas de transportes que exercen o seu servizo público en Arteixo.
- Establecer bonificacións nas taxas para o uso das instalacións deportivas en edificios municipais de xestión privatizada e outros dependentes do Concello de Arteixo, e tamén para as actividades culturais, de ocio e tempo libre que sexan sustentadas con recursos públicos.
- Adecuación da partida 22.799 as necesidades reais do noso pobo, para crear un cheque comedor para aquelas persoas en situación de desemprego ou con pensións reducidas, firmando convenios cos locais de hostalería do noso Concello, facendo unha dobre misión, a de facilitar unha comida digna para os nosos veciños con máis problemas económicos e unha reactivación dos locais de hostalería que se acollan ao convenio
- Redución dun 50% das partidas destinadas a publicidade e atencións protocolarias.
- Redución dun 50% dos gasto das partidas destinadas para traballos técnicos realizados por outras empresas en departamentos como Urbanismo e Obras.
- Redución do número de dedicacións exclusivas a tres: Alcaldía, Obras e Servizos e Urbanismo, suficientes para o funcionamento dos departamentos.
- Redución do número de Asesores, persoal de confianza do Goberno Local.O anteriormente relacionado é perfectamente atribuíble ao previsto no apartado 2.b) do art. 170 do Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzal, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais que establece como unha das causas polas que poden entaboarse reclamacións contra o presuposto: “ a) Por non terse axustado a súa elaboración e aprobación aos trámites establecidos nesta Lei”, “b) Por omitir o crédito necesario para o cumprimento de obrigas esixibles á entidade local, en virtude do precepto legal ou de calquera outro título lexítimo.”Por todo o exposto, é polo que seS O L I C I T A1.- Como consecuencia do caso primeiro e se non son atendidas as posteriores reclamacións, sexa publicado novamente o documento orzamentario, abrindo unha nova fase de alegacións por considerar a primeira publicación viciada de nulidade. En caso de non ter atendida esta reclamación, entendemos que deberá considerarse calquera escrito ou solicitude de carácter económico dirixido ao Alcalde-Presidente no prazo de reclamacións, como unha reclamación ao presuposto en si mesma.2.- Que se teñan por formuladas as anteriores ALEGACIÓNS ao documento “Orzamento xeral para o exercicio económico de 2016, a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo” e en consecuencia, se proceda a iniciar novamente o proceso de “Aprobación do Presuposto 2016…”, onde se inclúa:O cumprimento da Estabilidade Orzamentaria establecida pola Lei Orgánica 2/2012 de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira.
- Se adapte á Plantilla de persoal e a RPT ás limitacións da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016.
- Se consigne a partida orzamentaria necesaria para facer fronte as indemnizacións económicas derivadas das sentenzas condenatorias que foron ditadas contra o noso concello.
- Se inclúan no mesmo a partida ou partidas necesarias, para atender ás obrigas contraídas no acordo plenario de data 19 de Xullo de 2001, relativas ao financiamento do 50% das obras exteriores e 10% das obras de urbanización do Parque de Actividades Económicas de Arteixo (Polígono de Morás).
- Se leven a cabo medidas de contención do gasto corrente, como advirte a Interventora no seu informe.
- Establecer un Plan de Adecuación do Sistema de Subvencións, que cumpra o artigo 22 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, redactando un novo regulamento e unha ordenanza, que se rexan polo principio da concorrencia competitiva.
- Esixencia da asunción das responsabilidades económicas á Consellería de Educación para levar a cabo as obras que están baixo a súa competencia e que teñen partida orzamentaria neste documento e foron informadas negativamente pola intervención municipal.
- Levar a cabo o estudio e inclusión das medidas redactadas no punto 10 de medidas orzamentarias a tomar contra a crise.Arteixo, a 16 de Abril de 2016
Voceiro do Grupo
Municipal Socialista de Arteixo