“O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE en Arteixo, pídello ao Grupo de Goberno do PP que solicite ao Consorcio o troca da localización dos contedores da Avenida Fisterra que arrinconan o negocio do vendedor da Once”


Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, vimos observando como as queixas do vendedor da ONCE e dos negocios dese lugar ampliamente comercial caen en saco roto, cunha situación dos contedores do lixo, que non é que se atopen preto, se non que arrinconan o posto de venta da ONCE e están moito preto doutros locais de ocio.

Dende o Grupo Municipal Socialista, solicitamos que o Grupo de Goberno do PP esixa do Consorcio das Mariñas o troco de localización destes contedores, a unha mellor situación e non sigan danando a esta instalación de venta de loterías.

Somos coñecedores das múltiples queixas dos veciños de Arteixo, pola colocación dos contedores, mal situados polo dano comercial, pola falla de ancoraxe e tamén pola perigo destes a nivel viario, pola falla de limpeza nestas infraestruturas e tamén pola distancia destes a algunha vivenda, polo que pensamos que o Concello debera de facer un estudo de cantos hai, onde hai deficiencias, se cumpren a periodicidade de baleirado e limpeza e como están situados e cal sería a colocación desexable, falando cos veciños e comerciantes afectados.

Anterior
Anterior

“O goberno de Carlos Calvelo recibiu unha comunicación da Xunta de Galicia, por unha falla moi grave, ante o incumprimento sistemático da estabilidade orzamentaria durante todo o mandato pasado, incluíndo o Plan Económico Financiero para o 2014/15, no que lonxe de cumprir, aumentamos a inestabilidade”

Siguiente
Siguiente

Alegacións do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo ao Orzamento do Concello en 2016