A Xunta de Galicia segue castigando a Arteixo deixando sen profesores de substitución ás nosas escolas unitarias

O Grupo Municipal Socialista observa con preocupación a falla de atención do goberno de Feijóo co concello de Arteixo, xa que lonxe de levar a cabo as infraestruturas necesarias para o noso desenrolo, as inversións en emprego, sanidade e educación que necesitamos; ten esquecido ao noso territorio e os nosos veciños, sendo o núcleo económico máis importante do norte de Galicia e un dos núcleos poboacionais máis puxantes. 

Esta semana puidemos ver un capítulo máis deste abandono coa falla de cobertura da mestra da Escola Unitaria de Larín, que foi temporalmente cuberta pola mestra de inglés os primeiros días da semana e posteriormente e ante a imposibilidade de seguir facendo dita cobertura, a Xunta de Galicia anunciou o peche de dita escola para o xoves e venres. Finalmente conseguiuse que abrise o venres, pola presión dos pais e pola boa disposición da mestra de relixión. 

Dende o Partido Socialista en Arteixo preguntámonos como é posible que os nosos rapaces das escolas unitarias se atopen ante a posibilidade de ter a escola pechada se os mestres teñen algún problema que lles impide acudir ao seu posto de traballo. ¿Cómo é posible que a Xunta de Galicia non teña ningún sistema establecido para cubrir as baixas que non son de longa duración e que poden deixar aos nenos e aos seus pais sen a escola, co que isto conleva a nivel educativo e de conciliación familiar? 

Dende o Partido Socialista en Arteixo puxémonos en contacto co noso Grupo Parlamentario do Parlamento de Galicia e preguntaremos ao Conselleiro de Educación por esta cuestión, e cales son as fórmulas que pensa utilizar para que isto non se repita.

Martín Seco García
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo
Anterior
Anterior

Alegacións do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo ao Orzamento do Concello en 2016

Siguiente
Siguiente

Aporta ao programa do PSdeG ás #autonómicas2016