“Lamentable ver como goberno local de Calvelo agochou dende o mes de Decembro de 2015 a negativa do Ministerio de Fomento a legalizar os núcleos afectados por Costas, mentres que a oposición preguntaba e os propios veciños se desprazaban ata o Pleno do Concello”


Resulta lamentable observar o comportamento do Goberno Local de Arteixo encabezado por Carlos Calvelo, ocultando dende o mes de Decembro a negativa do Ministerio de Fomento a legalizar os núcleos afectados por costas, incluso ante a insistencia das preguntas da oposición e dos propios veciños do Porto de Suevos que estaban moi preocupados pola súa situación.

En política non vale todo, e dende o Partido Socialista advertimos dende fai anos que o Grupo Municipal do PP non lles contaba toda a verdade cando aseguraba que en breve tería legalizada a situación deste núcleos, entre eles o Porto de Suevos que comezou a sufrir derribos por esta situación, tamén advertimos da importancia de ter elaborado o Plan Xeral de Ordenación Municipal, algo que segundo os técnicos consultados, podería ser fundamental para poder ter unha valoración positiva da proposta de legalización presentada, pero o PP prefire seguir mantendo nun caixón un documento esencial para a vida dos nosos veciños e que prometeu ter feito antes de Maio do 2015.

Dende o Partido Popular chegouse case que ao insulto contra os membros do Partido Socialista por dicir a verdade, sen prometerlle falsedades aos veciños e poñendo enriba da mesa as necesidades para poder conseguir esta legalización, algo que, por desgraza, se confirma coas derradeiras noticias recibidas.
Que o concello teña que acudir a unha modificación puntual, despois de que pasaran 5 anos da chegada de Carlos Calvelo e Alberto Castro ao goberno municipal e que o Plan Xeral non avanzase nin un só milímetro dende aquela semella unha tomadura de pelo que os veciños non deberan permitir. Dende o Grupo Municipal pediremos acceso á documentación para poder examinala con calma e en presenza se técnicos que aporten luz a esta situación tan lamentable.


Anterior
Anterior

“O PSdeG-PSOE de Arteixo solicitará incluír na Moción Institucional, actualmente en negociación por parte de toda a corporación municipal, nomear a Ana Pastor persoa non grata e iniciar mobilizacións veciñais contra Fomento”

Siguiente
Siguiente

“Martín Seco solicítalle ao Grupo de Goberno do PP que cumpra o prometido en campaña electoral aos veciños de Figueiroa e solucione o problema de abandono e inseguridade vial que teñen neste barrio”