“Martín Seco solicítalle ao Grupo de Goberno do PP que cumpra o prometido en campaña electoral aos veciños de Figueiroa e solucione o problema de abandono e inseguridade vial que teñen neste barrio”


O Grupo Municipal Socialista espera que o Grupo de Goberno de Carlos Calvelo cumpra o prometido na campaña electoral aos veciños de Figueiroa, e neste presuposto para 2016 que aínda esperamos inclúa unha inversión para acondicionar e instalar unha zona de lecer, na praza (3) que xurdiu trala demolición dunha antiga edificación que existía neste barrio, xa que segundo nos comentan algún dos veciños do entorno o propio alcalde prometeu deixala acondicionada e instalar algún xogo para os máis pequenos.

Por outra banda e continuando co proceso de creación de sendas seguras para os peóns, sería desexable que o concello proxectase beirarrúas dende a Avd de Figueiroa ata a aldea (1), xa que a inseguridade vial que sofren os que circulan por esta vía é importante e o esforzo por evitar algún accidente resulta inexcusable.

Ademais facemos un chamamento ao servizo de medioambiente do concello para que limpe correctamente a vía de acceso (2) a nova praza dende a Avd de Figueiroa, que non quedou correctamente.


Anterior
Anterior

“Lamentable ver como goberno local de Calvelo agochou dende o mes de Decembro de 2015 a negativa do Ministerio de Fomento a legalizar os núcleos afectados por Costas, mentres que a oposición preguntaba e os propios veciños se desprazaban ata o Pleno do Concello”

Siguiente
Siguiente

“O Grupo Municipal Socialista apremia ao Grupo de Goberno do PP a ofertar o curso básico de manipulador de produtos fitosanitarios, ante a gran demanda existente entre os nosos cidadáns”