Rogo do PSdeG-PSOE de Arteixo ao goberno municipal que inclúa ao noso municipio na rede de vilas e cidades refuxio para os exiliados sirios
Tras
as chamadas Revolucións da Primavera Árabe do ano 2011 e as
guerras, prodúcese en varios países da África subsahariana (Siria,
Afganistán,...) unha grave crise humanitaria na cal centos de miles
de persoas cruzan o Mediterráneo en busca de refuxio, escapando da
morte case segura que lles espera se continúan nos seus países. Só
polo conflito sirio 4 millóns de persoas se viron obligadas a
desplazarse a países como Turquía, Jordania, Iraq e outros do norte
de África.
Nestas
últimas semanas estamos asistindo a unha situación na cal centos de
miles de cidadáns sirios xa desplazados continúan a súa andadura
cara a diferentes países europeos en busca de acollida. Os cidadáns
españois tamén sufriron situacións de exilio motivadas pola Guerra
Civil, e por tanto non debemos ser un país insolidario que se quede
impasible observando esta desgraza.
Diversos
municipios de todos os tamaños como Madrid, Barcelona, Eibar, A
Coruña ou Lalín están tratando de formar unha rede de vilas e
cidades refuxio para acoller estas persoas.
Ante esta situación, o
Grupo Municipal Socialista ROGALLE:
Ao goberno municipal do Concello de Arteixo que inclúa ao noso municipio nesa rede de vilas e cidades refuxio; e que ceda temporalmente, e dentro das súas posibilidades, instalacións municipais co obxectivo de acoller a parte dos millares de refuxiados que tratan de obter asilo.
Asimesmo, debemos esixirlle ao goberno estatal que acepte aos 4288 solicitantes propostos ata o de agora pola Comisión Europea, aumentando o presuposto destinado ao asilo e acollida de refuxiados.
Asimesmo, debemos esixirlle ao goberno estatal que acepte aos 4288 solicitantes propostos ata o de agora pola Comisión Europea, aumentando o presuposto destinado ao asilo e acollida de refuxiados.