“O PSOE prensenta un paquete de enmendas aos Presupostos do Estado para o noso concello”
O PSOE
presentou unha batería de enmendas que afectan ao municipio de Arteixo, dentro
da enmenda á totalidade presentada polo Grupo
Socialista aos Presupostos Xenerais do Estado 2016. Nun documento que perfila
un proxecto de futuro de país fronte ao pasado que representa Rajoy.
Enmendas como a partida para adoptar medidas nos costes enerxéticos para empresas grandes
consumidoras de enerxía como Alcoa ou Ferroatlántica que permitan manter a súa
actividade a medio e longo prazo, unha partida destinada a un Plan de reindustrialización
e apoio á competitividade industrial de Galicia e un plan de emprego integral
para Galicia, son vitais para o noso concello .
Caben destacar as enmendas propias do noso concello:
·
Os dous millóns destinados á conexión ferroviaria co porto arteixán de Punta Langosteira, nunha
aposta por ter un porto ben comunicado e competitivo para o futuro da nosa
infraestrutura.
·
A posta en marcha dun Plan
de recuperación e transformación de tramos ferroviarios en desuso en Sendas
Verdes, nas que se inclúen os tres antigos tramos de vías de tren entre
Uxes-Santa Icia, Santa Icia-Vío e Souto-Orro.
·
A incorporación das
medidas existentes na DIA de alta velocidade entre Uxes e Pocomaco e a
inclusión de medidas de apantallamiento excluídas da DIA no núcleo de Santa
Icia, algo xa incluído polo noso grupo nas alegación do estudio do acceso
ferroviario a Punta Langosteira.
·
O estudio para insonorizar
as vivendas en Uxes, Souto e A Zapateira por sonidos derivados do tráfico
aeroportuario de Alvedro.
·
A construción dun dique de
abrigo no Portiño de Suevos
·
Un estudio para a rexeneración
dos areais das praias de Arteixo, degradados polos cambios nas correntes trala
instalación de Punta Langosteira.