“O PSdeG-PSOE de Arteixo pídelle ao goberno local medidas para solucionar o empeoramento do transporte público que afecta a parroquia de Loureda”
Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo recibimos noticias de que a partir de hoxe día 10 de Setembro se producirá unha redución de servizos de transporte público prestados pola empresa concesionaria a parroquia de Loureda na liña que a conecta con A Coruña, eliminando o último horario de regreso.
Ata o de agora contaba cos seguintes servizos; saídas dende Loureda a A Coruña desde a 06:25h ata as 18:00h; regresos dende A Coruña ata Loureda con catro servizos que van desde as 13:10h (sendo este o primeiro de regreso) ata as 20:30h (sendo este o último).
Dende o PSdeG-PSOE consideramos que a eliminación de este horario prexudicaría aos veciños de Loureda que traballen ou se despracen por outros motivos ata calquera dos lugares polos que pasa a ruta do citado autobús (Arteixo entre elas).
Este grupo municipal esíxelle o Alcalde e o goberno municipal que non discrimine a veciños permitindo a eliminación dun servizo básico. As parroquias do concello merecen ser tratadas de xeito igualitario, non se poden pactar solucións urbanas para unha parroquia e deixar a outras sen un servizo básico.