Martín Seco creará unha oficina de afectados pola industria e as infraestruturas
O
portavoz socialista promete a posta en marcha do departamento de
Medio Ambiente para garantir a calidade de vida dos veciños
O partido socialista de
Arteixo leva nos seus principais compromisos electorais a procura dun
equilibrio entre as necesidades da industria e a garantía de
calidade de vida para os veciños do municipio.
Nesta liña, o
candidato socialista, Martín Seco, coprométese a crear unha oficina
de afectados pola industria e a infraestrutura, onde se asesore,
axude e actúe para garantir unha vida saludable á veciñanza.
Nun municipio como o de
Arteixo, cun dos polígonos industriais más importantes da comarca e
que alberga o Porto Exterior de A Coruña, garantir a vida dos
arteixáns en boas condicións é unha das preocupacións básicas
dos socialistas.
Así mesmo, o cabeza de
lista adianta que porán a traballar o departamento de Medio Ambiente
para controlar os verquidos, a actividade industrial e garantir a
calidade da auga, do solo e do aire.
Os socialistas levan
tempo reclamando maiores medidas de control medioambiental para que a
actividade en punta Langosteira non interfira no benestar dos
veciños de Sabón e no seu día a día. O candidato lamenta que ata
o de agora as descargas do clinker e outros graneis no porto se
fixeran sen control e sen os mecanismos para garantir que non se
disperse por todo o territorio arteixán.