Martín Seco quere implantar o servizo de pedibus como garantía de seguridade para o desprazamento dos nenos ao colexio
Trátase
dun sistema para que os alumnos, supervisados por
adultos, poidan ir camiñando até os seus centros escolares
adultos, poidan ir camiñando até os seus centros escolares
O
PSOE de Arteixo
continúa dando a coñecer o seu programa electoral e con el os
compromisos
adquiridos coa cidadanía.
Uns proxectos que seguen apostando polo social e polo benestar dos
cidadáns.
Unha
desas iniciativas é o sistema que o candidato socialista, Martín
Seco, quere implantar no municipio cara a mellorar
a seguridade dos nenos
nos seus desprazamentos aos centros escolares. Trátase do Pedibus,
un servizo a pé no que grupos
de alumnos, acompañados por adultos,
van camiñando até os seus colexios. Unha idea que xa demostrou o
seu éxito
noutros municipios e que redunda tanto na seguridade dos pequenos
como na práctica do exercicio a tan temperá idade.
Este
proxecto englóbase dentro dun ambicioso plan do PSOE de Arteixo para
dotar dunha maior comodidade a aqueles que desexan moverse sen
vehículo polo concello. Así, construiranse
novas sendas peonís nas parroquias
e apostarase polos desprazamentos a pé. Ese plan de seguridade para
os viandantes concibe igualmente, apunta Martín Seco, a mellora
dos pasos de peóns e a
creación de prazas de
aparcadoiro como puntos
básicos e prioritarios.
Por
último, o candidato socialista lembra que o PSOE ten aberto o seu
local na rúa peonil de Arteixo, onde poderán informar os veciños
sobre os compromisos adquiridos nesta campaña e atender calquera
dúbida ou suxerencia, á vez que anuncia que estarán na feira de
mañá co propósito de achegar os seus proxectos aos cidadáns.