Martín Seco acometerá
un plan integral de revitalización en Vilarrodís,
remodelando la avenida Platas Varela e creando zonas verdes e de ocio
remodelando la avenida Platas Varela e creando zonas verdes e de ocio
As
parroquias son as grandes esquecidas durante o mandato de Calvelo.
Neste últimos catro anos, as zonas máis afastadas do centro urbano
están desatendidas e carecen dos servizos necesarios que o PSOE está
comprometido a pór en marcha.
Neste
sentido, o candidato á Alcaldía, Martín Seco, dotará de servizos
públicos como prazas, xardíns ou parques a estas zonas do concello,
todo iso dentro dun plan integral que consistirá en realizar
investimentos naqueles lugares onde máis se necesite.
Algunhas
das medidas dos socialistas pasan por acometer a cuberta dalgúns dos
parques infantís do municipio, de tal maneira que se poidan usar
durante todo o ano, independentemente de se chove ou non. Unha
proposta que se estenderá aos parques biosaludables.
As
parroquias, así como o centro de Arteixo, tamén necesitan espazos
onde as familias teñan a oportunidade de conciliar, polo que outro
dos compromisos de Martín Seco é a creación dunha ludoteca
municipal, onde os máis pequenos teñan un lugar de lecer permanente
e aos pais sírvalles como respiro e unha boa ocasión para
aproveitar e facer outras labores mentres os nenos entretéñense en
mans de persoal cualificado.
No
caso concreto de Vilarrodís, Martín Seco propón como unha das
pricipais medidas que se levarán a cabo, a mellora da seguridade
viaria na avenida Platas Varela e a súa reorganización para uso
comercial e hosteleiro. O cabeza de lista do PSOE arteixán porá
especial atención na ceación de plazas de párking na zona, así
como de espazos verdes y parques infantís, e aposta por pór en
valor o entorno do río.
Medidas
concretas para revitalizar a vida en tódalas parroquias despois de
que estiveran abandoadas durante os últimos catro anos do goberno
municipal de Calvelo.