O PSOE promete impulsar o sector turístico e comercial con planes de fomento e apoio para o seu crecemento
Martín Seco rematará
o Paseo Fluvial ata o Rañal e creará
un sistema de aluguer
de bicicletas nel
Sectores
claves para Arteixo como son o turístico e comercial quedaron no
abandono nos últimos catro anos. O goberno de Calvelo esqueceuse de
impulsar medidas concretas acordes ás necesidades reais. Para darlle
a volta a esta situación, o candidato socialista á Alcaldía,
Martín Seco, porá en marcha planes de fomento e apoio axeitados
para estes dous sectores, ademáis de impulsar a revitalización con
medidas concretas en tódalas parroquias.
Nesta
liña, o candidato do PSOE, comprmétese a iniciar un servizo de
asesoramento, subvencións e un sistema de microcréditos que dea
respaldo ás iniciativas do comercio e da hostalaría locais, que
inclúe, ademáis, melloras na iluminación, beirrarrúas e
mobiliario urbano. Dentro do plan do fomento destes dous sectores,
Martín Seco promete a construcción dun espazo multiusos para
eventos, feiras, actividades culturais e deportivas, así como
actividades para os máis pequenos. Esta é un das premisas claves da
súa candidatura e un compromiso adquirido coa veciñanza de Arteixo.
O
turismo é outro de sectores estratéxicos para o desenvolvemento do
municipio e que Martín Seco ten moi presente no seu programa
electoral. O cabeza de lista comprométese a fomentar o turismo con
máis e mellores instalacións nas praias, desenrolar unha boa
planificación urbanística en Barrañán, Valcobo e O Rañal, co
fomento do patrimonio e da súa sinalización. Neste grupo de
actuacións tamén inclúe as melloras en parques como o de
Monticaño, nos eventos deportivos, nas romaxes e nas zonas verdes.
Martín
Seco tamén se lembra do lecer dos arteixáns e proponse rematar o
Paseo Fluvial ata O Rañal, creando un sistema de aluguer de
biciletas e planificando unha infraestrutura para o desenvolvemento
de deportes acuáticos e de área na praia de Alba.
Actuacións
en Pastoriza
Martín
Seco mantén unha preocupación especial pola falla de atención que
sofre a parroquia de Pastoriza, onde os veciños se senten totalmente
abandoados e esquecidos polo seu goberno municipal. Unha zona onde
carecen de zonas verdes, sendas peonís e parques infantís e que
adolece dunha forte despreocupación do alcalde.
Os
socialistas recollen as queixas dos veciños, que lamentan que as
promesas do Partido Popular para as eleccións do próximo domingo
sexan exactamente as mesmas que fai catro anos. O PP volver a
prometer a piscina e o campo de fútbol, dous cuestións nas que non
fiexeron nada nos catro últimos anos que estiveron no goberno de
Arteixo.
Nas
iniciativas que propón Martín Seco recóllense medidas para darlle
a volta a esa situación e para devolverlle á Pastoriza o
protagonismo que merece dentro do concello arteixán. Os socialistas
comprométense a mellorar o parque de Monticaño, e a creación de
sendas peonís con bancos e mobiliario urbano nesta parroquia, así
como o o acondicionamento do castro e do santuario.
Martín
Seco tamén promete aos veciños pór remedio a falla de seguridade
viaria que hai nesta parroquia e dar solucións e alternativas á
ausencia de transporte urbano e de conexión con A Coruña. O
socialista comparte as críticas dos residentes nas parroquias de
Pastoriza, Oseiro e Vilarrodís, sobre a chegada da liña 6 do bus de
A Coruña hasta Meicende e a falla de servizo que se lle da ao resto
de parroquias cercanas.