Os socialsitas esixen mellor organización para que os veciños de Rañobre non queden sin bus polas obras de Suevos
Martín
Seco pide maior control nas voladuras para a
construción dos accesos ao Porto Exterior
construción dos accesos ao Porto Exterior
O grupo municipal
socialista de Arteixo lamenta a cancelación do servizo do autobús
de liña pola zona de Rañobre a consecuencia das obras que se están
a realizar en Suevos para o acceso ao Porto Exterior. O voceiro
socialista, Martín Seco, que estivo esta semana visitando a zona e
coñecendo as demandas dos residentes, critica que os veciños
quedaran sen este servizo público que, para moitos deles, é unha
das principais vías de transporte.
Nesta líña, Martín
Seco esixe unha mellor organización á administración para que non
sexan os veciños os que sufran as consecuencias dunhas obras que
lles afectan no seu día a día.
Así memo, o portavoz e
candidato á Alcaldía, chama a atención sobre a falla do control
das voladuras que se están a acometer no Porto Exterior e dí que o
malestar que provoca nos veciños da zona é moi grande.
Na súa visita a
Rañobre, Martín Seco lembrou o seu compromiso de crear unha oficina
de atención aos afectados pola industria e as grandes
infraestruturas, que facilite aos veciños a información e
asesoramento que precisen para defenderse das agresións que sufren
pola proximidade das súas vivendas.
Os socialistas
continúan estes días coñecendo á realidade de tódalas núcleos
arteixáns, escoitando aos veciños e atendendo as súas demandas.
Así mesmo, manteñen aberto o canle do seu Programa Aberto e chaman
a cidadanía a participar nesta campaña, que pretende incorporar as
propostas dos veciños de Arteixo no programa electoral socialista. A
través dos perfís do candidato Martín Seco no Facebook e Twitter,
e mesmo no correo electrónico participa@martinseco.com
ou na web www.martinseco.com/
os cidadáns poden facer chegar as súas suxerencias. A campaña
“Deixanos ver polos teus ollos” seguirá aberta todo o mes de
abril.