Os socialistas comprométense a facer públicas as contas do partido nun proceso electoral marcado pola austeridade e a transparencia
O
PSOE solicita a colaboración económica desinteresada de
militantes e simpatizantes para desenvolver a campaña
militantes e simpatizantes para desenvolver a campaña
Cando
apenas restan 40 días para as eleccións municipais, o PSOE de
Arteixo fai un
chamamento aos seus militantes e simpatizantes
co fin de solicitarlles a súa axuda de cara a desenvolver a campaña
electoral.
Neste
sentido, os socialistas piden aos seus unha
axuda económica desinteresada
co fin de, durante estes días, poder
chegar a tódolos cidadáns.
O
PSOE comprométese a levar a cabo unha campaña
austera, cun exhaustivo control do gasto.
Actualmente, os fondos proceden do diñeiro aforrado polas achegas
persoais dos concelleiros
da corporación, así como de fondos recadados polas cotas
da militancia.
Así
mesmo, os socialistas de Arteixo comprométense a facer públicas as
contas da campaña e a que esta estea marcada por unha
xestión austera e transparente no
que se refire a todos os gastos que teñan lugar no marco da mesma.
Unha
iniciativa que o
PSOE convida o resto de partidos a pór en práctica, especialmente
ao PP,
para que teñan o valor de facer públicas as súas contas e gastos e
non
comprar con suntuosos actos e grandes comilonas
a aqueles cidadáns que participan nelas, algo que o PSOE nunca fará.
Por
todo iso, o PSOE facilita o seguinte
número de conta en La Caixa
para que aqueles que así o consideren poidan realizar a súa doazón
económica: 2100
5097 23 0200128210.