El PSOE presenta unha moción para instar ao Goberno central a garantir un Registro Civil público, universal e gratuito

O PP votou a prol do texto aprobado en 2011 para o cal se realizou un investimento de 128 millóns de euros para dixitalizar e informatizar tódolos rexistros de España

O grupo municipal do PSOE presentou unha moción no Concello para o seu debate no próximo pleno na que piden o acordo da corporación municipal co fin de instar o Goberno central a desenvolver a lei aprobada en 2011, na que se plantexa un novo modelo de Rexistro Civil en España.

O portavoz socialista en Arteixo, Martín Seco, sinala na moción a importancia de garantir un Rexistro Civil de carácter público, universal e gratuíto co fin de pór a disposición dos cidadáns un servizo de calidade.

Así mesmo, o PSOE pedirá ao resto de grupos o seu apoio para trasladar ao Executivo de Mariano Rajoy a necesidade de pór en marcha todos os mecanismos e investimentos precisos para a entrada en vigor da Lei 20/2011 do 21 de xullo sobre o Rexistro Civil.


Por último, a moción dos socialistas quere evitar, con esa lei, que se produzan situacións de inseguridade para os cidadáns e, en particular, dos corpos de funcionarios públicos afectados pola indefinición e confusión que xerou a situación desde que o Ministerio de Xustiza dese a coñecer a súa primeira proposta a finais de 2012 e, máis aínda, coa segunda en outubro de 2013.
Anterior
Anterior

Os socialistas comprométense a facer públicas as contas do partido nun proceso electoral marcado pola austeridade e a transparencia

Siguiente
Siguiente

Martín Seco denuncia a falla de seguridade viaria e peonil nos barrios da Catuxa, A Pedreira e Figueroa