Martín Seco denuncia a falla de seguridade viaria e peonil nos barrios da Catuxa, A Pedreira e Figueroa
O
voceiro socialista propón a creación dunha plaza pública con
bancos e algúns columpios na propiedade adquirida polo Concello
bancos e algúns columpios na propiedade adquirida polo Concello
O portavoz do grupo
municipal socialista de Arteixo, Martín Seco, e membros da súa
candidatura, visitaron esta semana os barrios da Catuxa, A Pedreira e
Figeroa, onde tiveron a oportunidade de coñecer a situación na que
se atopan.
Na súa visita, o
candidato á Alcaldía, puxo de manifesto a necesidade de mellorar a
mobilidade peonil na contorna e alertou dos problemas que hai nesta
zona para todos os veciños da mesma.
Así mesmo, Martín
Seco sinalou a urxencia da ampliación da rúa Ponte dos Brozos, e a
actuación que se precisa na intersección coa avenida de Figueroa,
onde existe una grande inseguridade viaria.
Toda vez que o
candidato comprobou insitu as deficiencias destes barrios, mostrou o
seu comprosmio de crear unha pequena praza pública con bancos e
columpios para os nenos na propiedade recentemente adquirida polo
Concello de Arteixo.