Martín Seco comprométese a levar a cabo un proxecto de internet rural para os veciños de Loureda
O
voceiro socialista aposta pola creación de sendas peonís, a mellora
da seguridade viaria e a creación dun parque infantil
O grupo municipal
socialista de Arteixo visitou o pasado mércores a parroquia de
Loureda, onde tivo a oportunidade de coñecer en profundidade as
necesidades e deficiencias que presenta o barrio.
O candidato socialista,
Martín Seco, levou aos veciños o seu compromiso de poñer en marcha
un proxecto de internet rural de banda ancha para dar solución ao
déficit de cobertura que teñen moitas zonas desta parroquia.
Segundo sinalou o portavoz, ningún cidadán pode ter problemas de
acceso a unha ferramenta esencial no día de hoxe.
No eido das
infraestruturas, o candidato socialista tamén se comprometeu ao
mantemento dos camiños existentes na parroquia e a vixianza para que
aqueles que os utilizan para o corte de madeira os deixen na misma
situación na que os atoparon. Así mesmo, Martín Seco aposta pola
recuperación dos lavadoiros en diversas partes da parroquia.
Dende o grupo municipal
socialista non esquecen o compromiso coa accesibilidade o ocio
sostible na parroquia e sinalan a intención de crear novas sendas
peonís e mesmo un plan de serguridade viaria nesta zona. Así mesmo,
o voceiro municipal socialista aposta pola consecución da cesión da
Casa Rectoral de Loureda para a adaptación como local público e a
construcción dun parque infantil no entorno.
Por úlitmo, Martín
Seco presentou aos veciños a súa intención de adaptar ou duplicar
os colexios electorais na contorna para que todas as zonas da
parroquia teñan un mellor acceso á votación nas próximas
eleccións municipais.