Martín Seco propón un plan especial para mellorar a zona da Travesía de Arteixo e Candame
O candidato socialista
lembra que os veciños urxen medidas
de dinamización social e comercial
de dinamización social e comercial
O
grupo municipal socialista de Arteixo ven de presentar unha moción
no Concello para propoñer a posta en marcha dun plan
especial para dinamizar a zona da Travesía de Arteixo e Candame.
O voceiro, Martín Seco, lembra que nestes derradeiro catro anos este
espazo sufriu un aumento singnificativo da actividade comercial e
tamén un incremento importante do número de habitantes que residen
alí.Con
todo, os veciños da zona ten sinalado en moitas ocasións que os
problemas do barrio non fan maís que medrar.
Neste sentido os residentes falan de inseguridade cidadá pola pouca
presenza policial, e mesmo lamentan a falla de accesibilidade e
mobilidade, de iluminación e a inseguridade viaria.
Outro
dos asuntos que preocupa aos veciños é a ausencia
de equipamento,
e critican a pouca preocupación do goberno local por levar a cabo
actividade lúdica e festiva nesta zona do concello. Tamén, a falla
dun parque infantil, a falla de beirarrúas e pasos de peóns na
Avenida de Fisterra que poñen en perigo aos nenos que collen o bus
escolar.
Todo isto fai necesario que o goberno local leve a cabo un plan
especial para a mellora desta zona do concello tan desatendida e que
ten tantas posibilidades.
Polo
tanto, son moitas as queixas que os veciños e comerciantes da zona
levan intentando facerlle chegar ao grupo de goberno do PP sen moito
éxito, posto que a inversión municipal nesta zona de Arteixo é
nula, e nin tan sequera levan a cabo medidas de apoio ao comercio e
ao desenrolo social deste barrio por moito que os residentes o poñan
de manifesto.