Martín Seco convida por escrito a Calvelo a participar nun debate electoral
O candidato socialista
ponse a disposición do alcalde para debatir
as propostas dos seus partidos cara ás municipais do 24 de maio
as propostas dos seus partidos cara ás municipais do 24 de maio
O
candidato socialista á alcaldía de Arteixo, Martín Seco, presentou
hoxe por rexistro unha solicitude, dirixida ao actual alcalde e
cabeza de lista do PP de cara ás eleccións municipais do 24 de
maio, Carlos Calvelo, para celebrar un debate
entre ambos co fin de pór enriba
da mesa as propostas
dun e doutro.
O
PSOE fai pública esta iniciativa, presentada esta
mesma mañá
no Concello arteixán, co fin de que os
cidadáns coñezan o modelo de pobo
que cada partido expón para o próximos
catro anos.
Os
socialistas aseguran no seu escrito, no que lles facilitan número e
correo electrónico, que se
pon a disposición da candidatura popular
para que os representantes de ambas as formacións acorden
lugar, data e hora
para a celebración do cara a cara, así como a forma de desenvolvelo
e os temas a tratar.