O PSOE inicia a súa campaña de participación cidadá para escoitar as demandas dos veciños de Arteixo
O programa “Deixanos
ver polos teus ollos” anima á cidadanía a achegar a súas ideas
que suxerencias para diseñar o programa electoral
O grupo municipal do
PSOE de Arteixo ven de iniciar a súa campaña de participación
cidadá coa que quere animar aos veciños do concello a achegar a
súas inquedanzas aos representantes políticos.
Neste sentido, os
socialistas abren o programa “Deixanos ver polos teus ollos”, co
que queren darlle voz aos cidadáns. O obxectivo desta iniciativa é
poder presentar un programa axeitado ás necesidades dos veciños de
cara ás próximas eleccións municipais.
O grupo socialista abre
varías vías de comunicación cos cidadáns. Os veciños poden
enviar as súas ideas e suxerencias ao enderezo de correo electrónico
participa@martinseco.com
ou na web www.martinseco.com. Tamén, a través das redes sociais nos perfis de Facebook de Martín
Seco García e mesmo no de Twitter, @MartinSeco.
Por úlitmo, os veciños
poden dirixir as súas propostas á dirección postal do grupo, na
Rúa Ferrol 13, 2º Izquierda, no núcleo de Meicende. O candidato
socialista á Alcaldía atenderá as inquedanzas dos veciños de cara
a perfilar o programa electoral do grupo.
Os socialistas
difundirán o programa “Deixanos ver polos teus ollos” entre a
cidadanía co reparto de carteis e panfletos informativos.