O PSOE comprométese a desenvolver un plan de accesibilidade para solucionar os problemas de mobilidade no concello
Martín
Seco lamenta o completo abandono do barrio do Alto de Arteixo
durante os catro anos de mandato do PP
durante os catro anos de mandato do PP
O
PSOE lamenta o estado no que se atopa o barrio do Alto
de Arteixo
unha vez transcorridos o catro anos de mandato do goberno
local do PP, que abandonou por completo aos seus veciños
deixando sen atender numerosas demandas.
Neste
sentido, os socialistas denunciaron o feito de que non
se fixeron investimentos para dotar á zona de determinados servizos
e, en concreto, para mellorar a calidade de vida con actuacións como
un plan de accesibilidade.
O
candidato do PSOE á alcaldía, Martín
Seco, comprometeuse
durante unha reunión cos veciños a desenvolver ese plan non só
nesta zona, senónen todo oo concello, co fin de solucionar
os problemas de mobilidade
que supón a existencia dunha gran cantidade de barreiras
arquitectónicas.
Así
mesmo, os socialistas escoitaron as peticións dos residentes no Alto
de Arteixo, que reclaman a construción
de novas beirarrúas na avenida de Finisterre o na nova praza das
Viñas, onde non están siquera preparadas,
ademais da instalación de pasos
de peóns
para os usuarios
de transporte urbano e escolar,
que actualmente se enfrontan a un grave
risco cada vez que queren cruzar.
A
inacción
do goberno do señor Calvelo
neste barrio demóstrase sen ir máis lonxe co último modificado de
crédito, no que queda patente unha falta
de compromiso coa zona.
O peor de todo é que, cara
ás eleccións,
queren
arranxar todo o que foron incapaces de facer durante o catro anos
de mandato do PP, prometendo campos multideporte e parques infantís,
algo que podería estar xa listo a estas alturas.
Martín
Seco tamén se comprometeu a cambiar
a estrutura do centro social,
que hoxe en día presenta problemas
para o desenvolvemento de actividades complementarias
ao tratarse dun único espazo diáfano.
O
PSOE, durante a reunión, constatou igualmente a preocupación
veciñal pola falta de transparencia e de participación cidadá
durante o mandato do PP,
que nin sequera promoveu a convocatoria de consellos veciñais, ou a
inquietude
dos residentes polo pouco control
ambiental da industria
e do porto exterior nas súas descargas en Langosteira.