Martín Seco reitera o seu compromiso de crear unha sede administraiva e unha comisaria en Meicende
Os socialistas prometen
solucionar o caos urbanístico
da zona coa aprobación do Plan Xeral
da zona coa aprobación do Plan Xeral
O
grupo municipal socialista mantivo estes días unha reunión coa
asociación de veciños de Meicende Alternativo para escoitar as súas
demandas e necesidades. Neste marco, o portavoz socialista, Martín
Seco, reiterou o seu copromiso de crear unha sede administrativa
municipal propia no núcleo de Meicende, e mesmo unha comisaría de
Policía Local cunha patrulla asignada á zona norte.
O
candidadto socialista á Alcaldía tamén trasladou aos veciños a
súa aposta por construir a segunda piscina en Meicende, una proposta
que o alcalde, Carlos Calvelo, descatou. Os socialiastas de Arteixo
entenden que se debe dotar desta infraestrutura á zona norte.
No
mesmo sentido, Martín Seco propón o desenvolvemento dun programa de
rehabilitación do barrio das Eiras, vistas as súas carencias e
necesidades no eido da conservación.
No
campo social, os socialistas apostan por dotar dun programa continuo
de actividades ao centro social de Meicende e subliñan a necesidade
de levar a cabo novas políticas de formación e emprego vinculadas á
activiade empresarial e industrial de Arteixo.
Martín
Seco trasladou aos veciños o compromiso de levar a cabo o
desenvolvemento do Plan Xeral do municipio, poñendo solución ao
caos urbanístico de Meicende coa apertura de rúas como a de Ferrol,
e mesmo a adecuación da Plaza da Constitución.
Por
último, na reunión tamén se abordou o desenrolo da senda peonil
polo embalse, cara a crear unha zona de ocio e funcional para os
veciños da contorna, que poidan conectar a pé coas outras rutas do
municipio.