Martín Seco acusa a Calvelo de utilizar a apertura da piscina con fines electoralistas sen ter rematadas as obras
O
grupo municipal socialista advierte de que no futuro
poden aparecer máis problemas e alerta da falla de seguridade
poden aparecer máis problemas e alerta da falla de seguridade
O grupo municipal
socialista de Arteixo lamenta que os veciños do municipio estean a
pagar as consecuencias das decisións erróneas do Concello. O
voceiro, Martín Seco, denuncia que a piscina municipal abriu sen ter
rematadas as obras e os poblemas apareceron no primeiro día. Os
socialistas achacan ao alcalde, Carlos Calvelo, o uso electoralista
dunha infraestrutura moi esperada e necesaria para Arteixo.
Para Martín Seco son
moitas as deficiencias que presenta a piscina e denuncia que o
Concello sometera á concesionaria a obrar con presa polas eleccións
municipais. O candidato á Alcaldía sinala que, precisamente por
estes motivos electoralistas, se tivo a piscina parada durante tres
meses, aos traballadores baixo as condicións laborais dun ERE e aos
usuarios sen servizo. Martín Seco tamén apunta que, presuntamente,
se fixo traballar aos obreiros sen as condicións de seguridade
axeitadas, e que se fixo a obra correndo e sen garantir a calidade,
polo que na apertura xa rompeu o solo do SPA.
Na mesma liña, o
socialista critica que o Concello quixese inaugurar a piscina e facer
a foto sen ter rematados os accesos e sen que as duchas deran a
cantidade de auga necesaria ou algúns servizos como a sauna húmeda
estiveran pechados.
Por todo, Martín Seco
alerta de que no futuro poden aparecer máis problemas como o do SPA
por as presas de abrir e facer as visitas guidas polas instalacións.