Martín Seco denuncia as molestias que as decargas sen control no Porto Exterior provocan nos veciños de Arteixo
O
portavoz socialista esixe ao Concello e a Xunta que implementen as
medidas necesarias para garantir a salubridade do territorio
O grupo municipal do
PSOE de Arteixo denuncia as molestias que sofren os veciños do
municipio pola aparición, unha vez máis, de po amarelo por todo o
paseo fluvial debido ás descargas do clinker e outros graneis
sólidos que se están a descargar no Porto Exterior. O voceiro
municipal, Martín Seco, sinala que as descargas se fan sen control e
sen as medidas precisas para garantir que non se disperse por todo o
territorio arteixán.
Nos últimos días, os
veciños de Arteixo expuseron o seu malestar por estas situacións e
demandan da administración competente que se poñan as medidas e o
control necesario para que a actividade en punta Langosteira non
interfira no seu benestar e no seu día a día.
Dende o grupo municipal
socialista recollen as protestas dos cidadáns e esixen á Xunta de
Galicia que deixe de estar de costas aos veciños de Arteixo ante as
reiteradas denuncias para que as instalacións do porto teñan os
sistemas necesarios para garantir a salubridade e o respeto polo
medio ambiente dos veciños e o territorio de Arteixo.
Así mesmo o candidato
á Alcaldía critica a inutilidade da dedicación exclusiva que
exerce o concelleiro de medio ambiente no concello de Arteixo, que
non implementa ningunha medida de control e supervisión das
descargas que se fan no porto para avalar a integridade da
administración local.
Matín Seco esixe que
se tomen as medidas axeitadas e necesarias e urxe ao Concello de
Arteixo e á Xunta de Galicia a tomar unha maior implicación nos
problemas que a actividade diaria do Porto Exterior provocan na
cidadanía de Arteixo.