O PSOE reabrirá a radio municipal cunha programación plural e participativa para todos os veciños e os grupos políticos
Martín
Seco presentará un rogo no pleno para que se tomen
medidas desde xa coa frecuencia de Radio Líder
medidas desde xa coa frecuencia de Radio Líder
Radio
Arteixo volverá abrirse co PSOE.
Ese é o compromiso dos socialistas para que, no caso de chegar ao
goberno local, os
cidadáns teñan unha emisora propia,
que funcione con normalidade e que chegue a todos os puntos do termo
municipal.
Así
o fan saber os veciños ao equipo liderado polo candidato Martín
Seco,
que nas últimas semanas recibiu varios
escritos
solicitando que, no caso de que accedan ao executivo local, devolvan
ao pobo este servizo de información e debate.
O
PSOE asegura que tomará as medidas necesarias para
salvagardar o espazo de Radio Arteixo,
que está a ser ocupado
por outras emisoras como Radio Líder,
frecuencia moi próxima á que empregaba a radio local e que agora
utiliza
o alcalde e candidato do PP, Carlos Calvelo, para participar nos seus
faladoiros.
Neste
sentido, Martín
Seco presentará un rogo no
próximo pleno pedindo que se adopten medidas urxentes nese tema, no
que se
preguntará sobre a legalidade do
cambio do dial de Radio Líder.
O
compromiso
dos
socialistas é por tanto cos
veciños
e, deste xeito, coa reapertura de Radio Arteixo, o que ademais
significaría unha
mellor programación
da que tiña antes do peche. Así, garantirase unha participación
plural dos veciños e as intervencións dos distintos grupos
políticos
sen distinción, convertendo a emisora nun espazo de todos e para
todos.
Así
mesmo, o
PSOE traballará na solución dos problemas de amplificación
da radio local para que todas as parroquias de Arteixo teñan acceso
á mesma e non
haxa diferenzas entre unhas zonas e outras do concello.