Martín Seco reitera o seu compromiso para construír un novo campo de fútbol en Pastoriza
A
infraestrutura axudaría á expansión do clube de rugby Zalaeta
e a práctica doutros deportes como o atletismo
e a práctica doutros deportes como o atletismo
O
PSOE de Arteixo, seguindo a mesma liña establecida nas pasadas
eleccións municipais, adquire o compromiso de impulsar
a construción
dun novo campo de fútbol en Pastoriza.
Tal
e como defendía o grupo socialista fai catro anos, esa obra non
require como condición sine qua non a aprobación do Plan Xeral.
Así o dixo o PSOE e o
alcalde do PP negouno,
aínda que agora
queira facer crer o contrario
e sumarse ao carro.
Así
mesmo, os socialistas somos conscientes da necesidade
de aproveitar a dita infraestrutura para a práctica doutros
deportes,
con especial atención ao rugby, onde o club Zalaeta de Arteixo ve
como a súa capacidade de crecemento vese minguada pola falta dun
espazo adecuado para o seu desenvolvemento.