O PSOE non acudirá ao pleno sobre o modificativo de crédito para non participar en actos electorais do PP
Calvelo
quere ocultar os seus incumprimentos cos veciños convocando
o pleno o mesmo día que o solicitado pola oposición para tratar o PXOM
o pleno o mesmo día que o solicitado pola oposición para tratar o PXOM
O
vindeiro luns celebraranse dous plenos extraordinarios. Por unha
banda, o solicitado polo tres grupos da oposición para aclarar o
contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
e, por outro, o convocado polo goberno local para aprobar un
modificativo de crédito de catro millóns de euros para realizar
diversas obras no concello.
O
feito de que esta segunda sesión teña lugar o mesmo día que a que
esixiu a oposición, onde o PP terá moito que aclarar nun asunto
turbio do que apenas hai información, fai que Cavelo
pretenda ocultar os incumprimentos realizados aos veciños de Arteixo
desde que é alcalde, tanto nese sentido como coas obras que quere
facer deprisa e correndo.
Por
tanto, o
PSOE anuncia que non acudirá ao pleno no que o PP pretende pór
parches
a un mandato onde a atención ás demandas cidadás brillou pola súa
ausencia. O alcalde anuncia agora aos catro ventos actuacións co
único fin de gañar votos, pero o certo é que se
pon de manifesto unha incompetencia absoluta
dun goberno que aprobou hai dous meses os orzamentos municipais e
agora, ao parecer, hai que cambialos porque non tiñan suficiente
rédito electoral.
E
non só iso, senón que ademais incúmprense
todos os puntos do plan económico aprobado en 2014,
o que, unha vez máis, valeulle ao executivo arteixán un reparo
por parte do departamento de Intervención.
Por
ese motivo, o portavoz e candidato socialista, Martín
Seco, non quere ser partícipe dun acto absolutamente electoral e
oportunista
e lémbralle ao PP que a confianza dos veciños hai que traballala
día a día durante catro anos, non unicamente os dous últimos meses
do mandato, cando se lle ven as orellas ao lobo.
En
canto ao PXOM, o PSOE, en pos dunha oposición responsable, si
buscará respostas, informes técnicos e xurídicos, e esixirá as
explicacións oportunas sobre o contrato de redacción dun Plan Xeral
que, como moitas outras promesas do PP, segue no caixón esperando a
ver cumpridos os intereses duns poucos. Entre outras cousas, non hai
información do contrato coa UTE en 2008 e non hai información sobre
supostas prórrogas do mesmo, cando a duración inicial era de catro
anos prorrogable a seis como máximo.