Martín Seco demanda un plan integral para a aldea de Oseiro

O grupo socialista esixe que se vixilen os abandonos de lixo que
molestan aos veciños e mesmo pican as rodas dos vehículos


O grupo municipal socialista ven de demandar que o Concello dote á aldea de Oseiro dun plan integral de rexeración e revitalización da zona.
O portavoz socialista, Martín Seco, critica que o goberno local asfaltara unha das rúas do núcleo, pero que esquecera outras, como a do Igrexario, que non foi amañada. Neste sentido, o candidato á alcaldía subliña a necesidade de mellorar a mobilidade na zona así como o acceso dos vehículos de emerxencia.
Martín Seco tamén esixe que os veciños manteñan limpas de maleza as súas propiedades, de forma a aldea estea arranxada e non haxa riscos de lumes. Nesta liña, desde o PSOE insisten na necesidade que se vixilen os continuos abandonos de lixo nos colectores, que causan malestar entre os veciños, ademáis de picadas nos vehículos que pasan por aí.


Anterior
Anterior

Martín Seco critica que as obras e a explotación da piscina fixéranse ás costas dos usuarios e dos clubes de Arteixo

Siguiente
Siguiente

O PSOE non acudirá ao pleno sobre o modificativo de crédito para non participar en actos electorais do PP